Saltar ao contido

Bandeira das Orcadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira das Orcadas
Bandeira das Orcadas
Características
Uso
Proporción8:11
Adopción2007
Cores     Amarelo      Vermello      Azul
Image
Fotografía da bandeira ondeando en Stromness.

A bandeira das Orcadas foi adoptada oficialmente en 2007 como símbolo oficial das illas. O deseño foi o gañador dunha consulta pública en febreiro e marzo de 2007.[1][2] Na consulta da bandeira, pediuse á xente das Orcadas que elixise o seu deseño preferido a partir dunha lista curta de 5 opcións,[3] todo o cal fora aprobado pola Corte do Lord Lyon. O deseño elixido foi o de Duncan Tullock de Birsay, que obtivo o 53% dos 200 votos emitidos polo público.[4]

As cores vermella e amarela son as dos escudos reais de Escocia e de Noruega, que empregan ambos os dous amarelo e vermello, cun león rampante. A bandeira simboliza a herdanza escocesa e norueguesa das illas. O azul provén da bandeira de Escocia e tamén representa o mar e o patrimonio marítimo das illas.

Finalistas na competición

[editar | editar a fonte]

Finalistas na competición de 2007:[5]

Antiga bandeira das Orcadas

[editar | editar a fonte]

A antiga bandeira das Orcadas foi adoptada en 1995. En 2001, a bandeira das Orcadas, a bandeira tradicional de San Magnus, foi rexeitada polo Lord Lyon, a autoridade heráldica de Escocia, debido á semellanza con outras bandeiras nacionais;[4] así como á bandeira da Unión de Kalmar.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]