Basehead, tamén coñecida como dc Basehead e Basehead 2.0, é unha banda estadounidense de rock alternativo formada por Michael Ivey en 1992. Ivey é o compositor e líder do grupo, engargándose das voces e de varios instrumentos. O seu álbum de estrea de 1992, Play with Toys, gravouse na casa de Ivey con varios músicos de estudio. Ivey formou unha banda de xira para os directos e esa banda realizou o segundo disco, Not in Kansas Anymore. No presente o grupo está formado por Ivey, o batería Aaron Burroughs e o baixista Brendan Ciotta.
Basehead foi loubada polo seu son distinivo e as súas letras. A música do grupo incorpora elementos de varios xéneros, como blues, funk, hip hop e rock. As letras de Play with Toys e Not in Kansas Anymore céntranse en temas como o uso de alcol e cánnabis, depresión, filosofía, política e relacións. Co lanzamento en 1996 de Faith, as letras comezaron a centrarse en temas cristiáns.