Saltar ao contido

Breaking Dawn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Breaking Dawn
 Título
   Image Breaking dawn (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Edicións
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
2 de agosto de 2008 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Goodreads2960529 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL5720022W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z729s Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Breaking Dawn (en galego, Abrente ou Amencer[1]) é a cuarta e última novela da serie de vampiros e romance xuvenil Twilight de Stephenie Meyer. Divídese en tres libros ou seccións, o primeiro e o terceiro están contados desde a perspectiva de Bella Swan e o segundo desde a de Jacob Black, o lobishome amigo de Bella. Segundo a autora a obra está inspirada nas obras O soño dunha noite de San Xoán e O mercador de Venecia, ambas pezas de Shakespeare.

Breaking Dawn publicouse o 2 de agosto de 2008 nos Estados Unidos de América, cunha tiraxe inicial de 3,7 millóns de exemplares. Moitas librerías e centros comerciais abriron expresamente ese día toda a noite, vendendo 1,3 millóns de exemplares nas primeiras 24 horas, unha marca nunca conseguida pola editorial Hachette Book Group USA.

  1. ↑ Tamén podería ser calquera dos seus sinónimos: Alba, Albor, Alborada, Amañecer, Aurora ou Rompente; o título do libro refírese ao momento do día no que comeza a clarexar, cando a escuridade rompe.