Saltar ao contido

Castro de Moares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Moares
Ermedelo Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Localización
 Situado en
Wikidata

O castro de Moares é un poboado castrexo situado na parroquia de Ermedelo, no concello de Rois.

Todo o que queda do pequeno castro de Moares é un pequeno montículo de terra onde se supón que estaba. É coñecido como Os Castriños polos veciños do lugar. Hoxe está en terreos da concentración parcelaria da aldea de Asneiros. Parte do castro suponse destruído por unha pista da concentración, hoxe en día asfaltada, que percorre dende O Codeso ata Vilachán. Non se realizou ningún tipo de catas, pero suponse que as pedras foron usadas polos veciños para a construción de muros e casas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]