Saltar ao contido

Cedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedi
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Símbolo da unidade
₵ (mul) Editar o valor en Wikidata
 Símbolo de divisa
Implicados
 Banco central emisor
Datas
 Data de comezo
19 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
19 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Xurisdición
 País
Cifras e dimensións
 Prezo
   0,17689 € (2019) Editar o valor en Wikidata
 Conversión unidade estándar
   0,63816209317167 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01s733 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O cedi[1] é a moeda de curso legal de Ghana. O seu código ISO 4217 é GHS. A palabra cedi deriva da palabra akan que designaba un tipo de cunchas empregadas antigamente como moeda, e a fracción desta moeda, coñecida como pesewa, deriva da akan pésewabo, nome dunhas sementes que tamén se empregaban como unidades de conta. O cedi foi introducido o 3 de xullo do 2007 e é igual a 10.000 vellos cedis. Foi a unidade monetaria de valor máis alto dos países africanos no 2007. Un cedi divídese en 100 pesewas (Gp), aínda que a inflación fixo que desapareceran as moedas fraccionarias.

O cedi apareceu en 1965 en substitución da libra ghanesa a razón de 2,4 cedis por libra ou, o que era o mesmo, 1 pesewa = 1 penique. Este primeiro cedi substituíuse por outra moeda, tamén chamada cedi en 1967. O novo cedi valía 1,2 antigos cedis, co cal a conversión de libras a cedis facíase máis sinxela (2 novos cedis por libra).

Nos anos '70, 1 cedi equivalía a 1 dólar. En 1983, o troco baixara xa a 90 cedis por dólar, e en 1993, a 720 cedis por dólar. No 2005, a taxa de troco evolucionou desfavorablemente ata máis de 9.000 cedis por dólar. Con esta taxa de troco, e segundo datos de agosto do 2005, o cedi era a sexta moeda de valor máis baixo do mundo.

O novo cedi

[editar | editar a fonte]

A causa da grande inflación dos últimos anos, en xullo do 2007 puxéronse en circulación os novos billetes e moedas emitidos na nova divisa, o Novo Cedi (GH¢). 1 Novo Cedi = 10.000 antigos, e cada un deles se dividía en 100 Pesewas. De xeito que o troco dun Novo Cedi por 1 Dólar USA a decembro do 2006 era de 0,92 GHc ou 92 Pesewas.

Moedas e billetes

[editar | editar a fonte]

O Banco de Ghana emite moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 pesewas e 1 Novo Cedi, así como billetes con denominacións de 1, 5, 10, 20 e 50 cedis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "cedi". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.