Saltar ao contido

Cosmo Duff Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Cosmo Duff Gordon
Image
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1862 Editar o valor en Wikidata
Londres Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Kensington Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Brookwood Editar o valor en Wikidata
EducaciónEton College Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de abril de 1906Xogos Olímpicos de 1906 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBaronet Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLucy Christina Duff Gordon (1900–1931), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
PaisCosmo Lewis Duff Gordon Editar o valor en Wikidata  e Anna Maria Antrobus Editar o valor en Wikidata
ParentesEsme Wallace, fillastra Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de abril de 1912-15 de abril de 1912afundimento do RMS Titanic
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic Editar o valor en Wikidata
Sinatura Image Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Duff-Gordon-1

Cosmo Edmund Duff Gordon, nado o 22 de xullo de 1862 e finado o 20 de abril de 1931, foi un aristócrata, terratenente e tirador de esgrima escocés, gañador dunha medalla olímpica pero sobre todo coñecido pola controversia sobre a súa conduta durante o afundimento do RMS Titanic.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Cosmo Lewis Duff Gordon e de Anna Maria Antrobus[1]. Cosmo recibiu unha educación exclusiva en Eton, onde comezou a practicar a esgrima. En 1896, sucedeu a Maurice Duff Gordon como quinto baronnet de Halkin coas súas propiedades en Maryculter[2], o título fora concedido polo rei a un antepasado seu, James Duff, cónsul británico en Cádiz en 1813 en recoñecemento á axuda dada á Coroa durante a Guerra da Independencia española, onde a familia posuía desde 1772 unha adega de Xerez, que aínda existe a Duff Gordon Winery.

En 1900, Duff Gordon casou con Lucy Christiana Sutherland, de dubidosa reputación segundo os canons da época, era nai divorciada e a súa irmá Elinor Glyn era autora de novelas románticas que rebordaban erotismo [3][4]. Lucy era deseñadora de moda de éxito e ao casar Cosmo converteuse en director da súa casa de modas, « La Maison de Lucile » localizada en Londres.

En 1906, Duff Gordon formou parte do equipo de esgrima do Reino Unido nos Xogos Intercalados gañando unha medalla de prata na competición por equipos en espada[5]. En 1908 formou parte do comité de esgrima dos Xogos Olímpicos de Londres[6].

O Titanic

[editar | editar a fonte]

En abril 1912, a parella decide viaxar aos Estados Unidos facendo a travesía a bordo do Titanic, baixo o nome de Mr e Mrs Morgan, non se sabe a razón da non utilización dos seus nomes reais, pero podería ser problemas que Lucy tivera noutras ocasións coa alfándega americana [7]. Duff Gordon e a súa dona embarcaron acompañados pola secretaria dela no serán do 10 de abril de 1912 en Cherbourg tras primeiro coller o transbordador Nomadic para chegaren ao navío[8]. Cosmo ocupou a cabina A-16 e a súa dona a A-20[2]. O 14 de abril o Titanic colide cun iceberg comezando a afundir. A parella e a súa secretaria atópanse xunta os botes, no lado de babor, onde a tripulación estaba traballaba para abaixalos. Por invitación do primeiro oficial Murdoch, os tres embarcaron no bote salvavidas nº1 con dous americanos e sete fogueiros, e aínda que tiña unha capacidade para 40 persoas [9][10]. Tras ser rescatados parte para Nova York no Carpathia cos outros superviventes. Non obstante, a prensa anuncia a súa morte o 16 de abril[11], antes de retractarse da errónea nova[12].

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Despois do naufraxio, Cosmo Duff Gordon testemuñou na comisión británica encargada de realizar a enquisa sobre o accidente dirixida por Lord Mersey, sobre as condicións do seu salvamento. A enquisa concluíu que non había nada que lle reprochar[13] Aínda así constatou tamén que se o bote fora cara á xente que estaba na auga no canto de afastarse, podería facilmente ser capaz de rescatar algunhas delas.[14]. Duff Gordon viu a súa reputación en interdito polo asunto, retirándose practicamente da vida pública, vivindo entre as súas posesións de Escocia e o O Cairo[15].

Polémica

[editar | editar a fonte]
Image
Cosmo Duff prestando testemuño na Comisión sobre o Titanic

O xeito no que se salvou Duff Gordon creou polémica. O seu bote unha vez no mar con só doce viaxeiros, non procurou superviventes no lugar do naufraxio a pesar do oficial Murdoch ordenara ao seu responsable, George Symons, axudar a outros pasaxeiros[16]. De feito, durante a comisión de enquisa británica, un dos enquisadores tratou abertamente de covarde a Symons, o que levou ao presidente Lord Mersey a chamar á orde ao inquisidor, declarando : « Deixe tranquilo ese pobre home [17] ! » A bordo do bote, Hendrickson pediu axudar os viaxeiros que estaban nas xélidas augas, mais Lady Duff Gordon suxeriu que os superviventes poderían amorearse arredor do bote e afundilo, co que concordaron o resto dos navegantes[2].

No decurso da noite, Duff Gordon fai amizade cos seus compañeiros de infortunio, en especial cos sete fogueiros, ofrecéndolles tabaco[16] e conversando con eles. Lady Duff Gordon díxolle á súa secretaria, Mabel Francatelli : « Perdeuse o voso precioso camisón » ao ver arder o Titanic[18]. A conversa dirixiuse finalmente ao feito que os membros da tripulación perderan todo, xa que a White Star deixaba sen efecto os seus salarios a medianoite do 15 de abril, como era a norma en caso de accidente[19]. Para compensar esas perdas, Duff Gordon decidiu darlle a cada un cinco libras (o salario mensual dun fogueiro era de 6£), o que algúns medios viron como unha tentativa de suborno aos fogueiros para que non volveran ao lugar do naufraxio[20].

Unha vez a bordo do Carpathia, Duff Gordon e a súa dona fixéronse fotografar cos sete fogueiros rescatados con eles, o que contribuíu a aumentar as sospeitas sobre o seu salvamento[21].

  1. ↑ (en inglés) The Genealogy of the Duff Family Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consulté le 10 janvier 2010
  2. 1 2 3 (en inglés) Sir Cosmo Edmund Duff Gordon, Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
  3. ↑ (en inglés) Lucy Christiana, Lady Duff Gordon (Mrs Morgan) (née Sutherland), Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
  4. ↑ (en inglés) Finding Aid for the Elinor Glyn Papers, undated Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., University of North Carolina. Consulté le 10 janvier 2010
  5. ↑ (en inglés) The Olympian Games, The Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010
  6. ↑ (en francés) Les sportifs à bord du Titanic, Le Site du « Titanic ». Consulté le 10 janvier 2010
  7. ↑ Hugh Brewster e Laurie Coulter 1999, p. 25
  8. ↑ Mark Chirnside 2004, p. 141
  9. ↑ Gérard Piouffre 2009, p. 175
  10. ↑ Composition du canot n°1, Le Site du « Titanic ». Consulté le 11 janvier 2010
  11. ↑ (en inglés) Profound Grief Felt over Paris - Lady Duff Gordon and her Husband Probably Among the Dead, Associated Press sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010
  12. ↑ (en inglés) The Duff Gordons, New York Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010
  13. ↑ Hugh Brewster et Laurie Coulter 1999, p. 76
  14. ↑ British Wreck Commissioner's Enquiry: Report. "Account of the Saving and Rescue of those who Survived: Conduct of Sir Cosmo Duff Gordon and Mr Ismay". Accessed on 8/23/12 en: http://www.titanicinquiry.org/BOTInq/BOTReport/BOTRepConduct.php Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
  15. ↑ Philippe Masson 1998, p. 185
  16. 1 2 Mark Chirnside 2004, p. 171
  17. ↑ Mark Chirnside 2004, p. 205 - 206
  18. ↑ (en inglés) Letter clears 'blackguard of the « Titanic »' , The Telegraph. Consulté le 12 janvier 2010
  19. ↑ Mark Chirnside 2004, p. 206
  20. ↑ Gérard Piouffre 2009, p. 177
  21. ↑ Simon Adams 1999, p. 37

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]