Saltar ao contido

Dianteiro, dianteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dianteiro»)
Dianteiro Editar o valor en Wikidata
Dianteira Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Oposto a
 Dual de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02sdk9v Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O dianteiro[1] ou dianteira[2] é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dianteiro.
  2. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dianteira.