Saltar ao contido

Didelphis virginiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Didelphis virginiana
 Nome taxon
   Image Didelphis virginiana
 Nome curto
   Image D. virginiana (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Categoría taxonómica
 Caracterizado por
 Conservación
Image
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeDidelphimorphia
FamiliaDidelphidae
XéneroDidelphis
EspecieDidelphis virginiana Editar o valor en Wikidata
Kerr, 1792 Didelphis virginiana Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   0,16 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   6,6 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   12,75 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0cm70 Editar o valor en Wikidata
ITIS179921 Editar o valor en Wikidata
OTT919171 Editar o valor en Wikidata
UICN40502 Editar o valor en Wikidata
CoL35WKF Editar o valor en Wikidata
EOL328501 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

Didelphis virginiana é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos.[1]

É o único marsupial de Norteamérica que vive ao norte do río Bravo.

Os seus antepasados evolucionaron en Suramérica, pero facilitoulle a invasión de América do Norte a formación do istmo centroamericano, durante o grande intercambio americano, hai tres millóns de anos.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dun animal nocturno e solitario, do tamaño dun gato doméstico, sendo, por tanto a sarigüeia máis grande. Exitoso oportunista, con frecuencia pode verse nas vilas saqueando contedores de lixo, ou no pavimento das rúas como vítima de atropelo en accidentes de tráfico.[2]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Didelphis virginiana é un animal de hábitos nocturnos. Cando se sente ameazada, expulsa un forte cheiro e faise a morta.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista, escritor e tradutor escocés Robert Kerr, que a publicou no número 193 na revista Linnaeus, Anim. Kingdom.[1]

Ao longo do tempo foi coñecida, ademais, polos seguintes sinónimos:

  • Didelphis breviceps
  • Didelphis marsupialis virginiana
  • Didelphis californica
  • Didelphis yucatanensis

e, ademais, distinguíronse as seguintes subespecies:

  • Didelphis virginiana boreoamericana
  • Didelphis virginiana breviceps
  • Didelphis virginiana cozumelae
  • Didelphis virginiana illinensium
  • Didelphis virginiana pilosissima
  • Didelphis virginiana pruinosa
  • Didelphis virginiana texensis
  • Didelphis virginiana woapink

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[3]

O específico, virginiana, do topónimo Virginia, (Virxinia, territorio dos Estados Unidos).

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na actualidade, a comunidade científica recoñece tan só as seguintes:[1]

Especie Didelphis virginiana
  • D. v. virginiana
  • D. v. californica
  • D. v. pigra
  • D. v. yucatanensis

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Image
Mapa de distribución (en amarelo).

Distribúese ao longo de gran parte da América do Norte, desde o océano Atlántico ao Pacífico. Introduciuse en California en 1910.

Hoxe en día chega até o sur do Canadá, e parece que aínda se está estendendo cara ao norte.

A súa área de distribución abarca o extremo suroriental do Canadá, a metade oriental e a costa occidental dos Estados Unidos, México (salvo o extremo noroccidental), Belize, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica.

Esta sarigüeia non era orixinalmente nativa dos oeste dos Estados Unidos. Foi intencionadamente introducida no oeste durante a gran depresión, probabelmente como unha fonte de alimento.[4]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, a que a súa presenza é común e xeneralizada en toda a súa área de dispersión, a que se adapta moi ben ás paisaxes modificadas polo ser humano. Aínda que a esta sarigüeia é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos. De feito, a súa área de dispersión parece que está aumentando.[5]

  1. 1 2 3 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  2. ↑ Virginia Opossum Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Mass. Audubon.
  3. ↑ Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1.
  4. ↑ William J. Krause & Winifred A. Krause (2006): The Opossum: Its Amazing Story. Columbia, Missouri: University of Missour. ISBN 0-9785-9990-X, p. 23.
  5. ↑ Didelphis virginiana na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]