Saltar ao contido

Difteria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Difteria
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos.
 Instancia de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Tratamentos posibles
 Proceso de transmisión
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0g2q5 Editar o valor en Wikidata
MeSHD004165 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC34541 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2R83 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB3122 Editar o valor en Wikidata
CIE-11508032285 Editar o valor en Wikidata
CIE-10A36 Editar o valor en Wikidata
CIE-9032 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus001608 Editar o valor en Wikidata
eMedicine782051 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780572238 Editar o valor en Wikidata
KEGGH00343 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.

A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

A causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóbil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas.[2] Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas delas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]
Image
Anos de vida perdidos a causa da doenza para a difteria por 100 ,000 habitantes en 2004.      sen datos      ≤ 1      1–2      2–3      3–4      4–5      5–6      6–7      7–9      9–10      10–15      15–50      ≥ 50
Image
Casos de difteria declarados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) entre 1997 e 2006:      sen datos      1–49 casos      Entre 50 e 99 casos      Máis de 100 casos

A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.

O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

Tratamento

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Edwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae
  2. ↑ Farreras, P.; Rozman, C. (1978). Medicina Interna (en castelán) 2 (9ª ed.). Barcelona: Marin S.A. pp. 887–892. ISBN 84-7102-980-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.