Saltar ao contido

Dubstep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dubstep
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Características
 Baseado en
UK Garage (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Influído por
Implicados
 Persoas relevantes
El-B (en) Traducir
Mala
Coki
Plastician (en) Traducir
Skream (pt) Traducir
Benga (en) Traducir
Artwork (en) Traducir
Zed Bias (pt) Traducir
Mary Anne Hobbs (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Localización
 Lugar significativo
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Freebase/m/07s72n Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae.[1] No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.[1][2]

As primeiras mostras de Dubstep foron publicadas no 2001. Tratábase de mesturas instrumentais, escuras e experimentais de producións de 2-step garage, feitas coa intención de incorporar os elementos funky do breakbeat ou os trazos máis escuros do drum and bass no propio 2-step. Estas mesturas aparecían como cara B dos sinxelos de 2-step da época. No 2001, esta e outras variedades de música garage escura comezaron a ser amosadas no club nocturno londiniense Plastic People, nas noites chamadas "Forward" (tamén estilizado como FWD>>), que serían considerablemente influentes para o desenvolvemento do dubstep. O termo "dubstep" como denominación dun xénero musical comezou a empregarse arredor do 2002 por selos discográficos como Big Apple, Ammunition e Tempa, intre no cal as tendencias estilísticas presentes nas mesturas comezaron a facerse máis remarcables e distintivas en relación ó xénero orixinal, o 2-step, así como o grime, son co que nas súas orixes o dubstep tamén gardou unha estreita relación.[3]

Un temperán seguidor do son foi o DJ da emisora BBC Radio 1, John Peel, quen comezou a programalo a partir de 2003. No 2004, o derradeiro ano do seu programa, os seus oíntes votaron a Distance, Digital Mystikz e Plastician (anteriormente coñecido como Plasticman) no seu top 50 do ano.[4] O dubstep comezou a espallarse alén dunha pequena escena local cara a finais de 2005 e comezos de 2006. Unha boa cantidade de páxinas web adicadas ó xénero comezaron a xurdir, axudando ó crecemento da escena.[5] Ó mesmo tempo, o xénero empezou a recibir unha importante cobertura en revistas musicais como The Wire e en publicacións online como Pitchfork Media, que comezou un apartado regular chamado The Month In: Grime/Dubstep. O interese no dubstep medrou dende que a DJ de BBC Radio 1 Mary Anne Hobbs comezara a promovelo cun programa adicado soamente a este son (titulado "Dubstep Warz") en xaneiro de 2006.[6][7][8]

Cara a finais da década de 2000, o xénero pasou a ter un importante éxito comercial no Reino Unido, aumentando progresivamente o número de sinxelos que entraban nas listas de éxitos de música popular. Os xornalistas e os críticos musicais tamén chamaron a atención sobre a influencia do dubstep sobre o traballo de numerosos artistas de música pop. Nesta época, os produtores comezaron a fusionar elementos do dubstep orixinal con outras influencias, creando xéneros de fusión como o máis lento e experimental post-dubstep.

  1. 1 2 Reynolds, S.(2012),Energy Flash: A Journey Through Rave Music and Dance Culture, Perseus Books; Reprint edition (5 Jan 2012), pages 511–516, (ISBN 978-1-59376-407-4).
  2. ↑ The Big Big Sound System Splashdown, New Musical Express, 21 de febreiro de 1981, ISSN 00286362.
  3. ↑ IMO Records "Hatcha Biography" Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., IMO Records, Londres, 17 de outubro.
  4. ↑ "Keeping It Peel: Festive 50s – 2004". BBC Radio One. BBC. Consultado o 27 de agosto de 2012.
  5. ↑ Wilson, Michael (1 de novembro de 2006). "Bubble and Squeak: Michael Wilson on Dubstep". Artforum International. Consultado o 27 de agosto de 2012.
  6. ↑ de Wilde, Gervase (14 de outubro de 2006). "Put a Bit of Dub in Your Step". The Daily Telegraph (Londres: Telegraph Media Group). Consultado o 27 de agosto de 2012.
  7. ↑ O'Connell, Sharon (4 de outubro de 2006). "Dubstep". Time Out London. Time Out Group. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2012.
  8. ↑ Clark, Martin (16 de novembro de 2006). "The Year in Grime and Dubstep". Pitchfork Media. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]