Saltar ao contido

Dushanbe

Dushanbe
 Nome orixinal
Image Душанбе (tg)
Image دوشنبه (fa) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Image Душанбе (tg) dende 1961
Image Душанбе (ru) dende 1961
Image Сталинобод (tg) dende 1929 ata 1961
Image Stalinabad (en) dende 1929 ata 1961
Image Сталинабад (ru) dende 1929 ata 1961
Image Дюшанбе (ru) dende 1924 ata 1929
Image Душанбе (ru) ata 1924
Image دوشنبه (fa) ata 1924 Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Image душанбегӣ (tg)
Image Douchanbéen (fr)
Image Douchanbéenne (fr)
Image دُوشَنْبِيٌّ (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
século XVII Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
10.000 (1875)
20.000 (1911)
3.140 (1920)
283 (1924)
5.600 (1926)
7.298 (1929)
35.818 (1933)
82.600 (1939)
150.000 (1949)
233.500 (1959)
376.200 (1970)
493.528 (1979) censo
595.820 (1989) censo
561.895 (2000) censo
709.600 (2009)
724.844 (2010) censo
747.600 (2011)
778.500 (2014)
852.000 (2015)
802.200 (2016)
948.251 (2020) censo
948.800 (2020)
1.185.400 (2021)
1.201.800 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   124,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   706 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal734000 Editar o valor en Wikidata
VIAF131354269 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fnc4 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX453048
Wikidata G:Commons C:Commons

Dushanbe[1] ou Dushambe[2][3][4] (en taxico Душанбе) é a capital e máis o principal centro cultural e económico de Tadjiikistán. No ano 2002 a súa poboación estimábase en 575 900 habitantes. Na época da Unión Soviética recibiu o nome de Stalinabad.

Étimo do nome

[editar | editar a fonte]

O nome deriva da palabra taxica para "luns" (du "dous" + xamba o xanbé "día") e refírese ao feito de que a cidade celebraba un mercado moi frecuentado os luns, para eles o segundo día da semana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada no extremo centro-occidental do país, a uns 800 m de altitude., aséntase no val de Gissar, moi densamente poboado, localizado ao suroeste dunha cadena montañosa do mesmo nome (Montes Guissar).

A cidade está atravesada polo río Varzob (tamén chamado río Dušanbinka),que forma parte da conca do Amu Daria.

Distritos

[editar | editar a fonte]
Image
Distritos de Duxanbé

Duxanbé divídese nos seguintes distritos:

  1. Abuali Ibn Sina
  2. Firdavsi
  3. Ismail Somoni
  4. Shokhmansur

Dado o afastamento do mar, o clima ten un forte carácter continental, con veráns cálidos e secos, e con invernos fríos e relativamente húmidos.

A temperatura media é duns 14,7 °C e as precipitacións medias anuais son duns 568 mm. O mes máis caloroso é xullo, cunha temperatura media de 27,1°, mentres que o máis frío é xaneiro con 2,1 °C. O mes máis seco é agosto, en tanto que as chuvias máis abundantes caen en marzo e abril con cerca de 100 mm.

Economía

[editar | editar a fonte]

Desde que foi conectada á rede ferroviaria (1929), durante a época soviética, a cidade converteuse nun centro económico e industrial do país. As industrias principais son a téxtil, alimentarias e manufactureira.

A 80 km ao sur de Dushanbé, atópase a Base Aérea de Farkhor, a única base militar india fóra da Unión India.

Nas proximidades de Dushanbé están despregadas tamén tropas francesas, estadounidenses e rusas.

Transportes

[editar | editar a fonte]

A rede ferroviaria taxica non está moi desenvolvida, en parte a causa do relevo do territorio. Con todo o ferrocarril transcaucásico liga diariamente Dushanbe con Tashkent en Uzbekistán e con Moscova. Os trens, porén, son lentísimos por mor do trazado tortuoso da liña.

Dushanbe ten un aeroporto internacional, sito a menos de 15 minutos en automóbil da cidade. Lígase con voos diarios para Moscova, Bakú e Taxquent e voos cada dúas semanas para Estanbul).

Lugares a visitar

[editar | editar a fonte]
  • Museo Etnográfico, cunha colección de artefactos da arte taxica (cerámicas, alfombras, xoiaría e instrumentos musicais, entre outros).
  • Museo Unificado de Tadjiikistán.
  • Teatro da Ópera e Ballet Ayni, con fermosa arquitectura interna.
  • Mesquita de Haji Iakub.

Ensino e cultura

[editar | editar a fonte]

A cidade é a sede da Universidade de Tadjiikistán e da Academia das Ciencias.

Irmandamentos

[editar | editar a fonte]

Entre outros:

  1. ↑ Atlas Mundial Galego Online
  2. ↑ Criterios para o uso da lingua
  3. ↑ Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
  4. ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]