Saltar ao contido

Faneca brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faneca brava
 Nome taxon
   Image Echiichthys vipera
 Nome curto
   Image E. vipera (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdePerciformes
FamiliaTrachinidae
XéneroEchiichthys
EspecieEchiichthys vipera Editar o valor en Wikidata
(Cuvier, 1829) Echiichthys vipera Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0h1ght Editar o valor en Wikidata
UNIII535N6NMA7 Editar o valor en Wikidata
ITIS630409 Editar o valor en Wikidata
OTT435192 Editar o valor en Wikidata
CoL38FML Editar o valor en Wikidata
EOL46573187 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A faneca brava ou peixe araña menor[1] (Echiichthys vipera) é unha especie de peixe da familia Trachinidae na orde dos Perciformes. Coñecido por ser peixe pezoñento. Algunhas fontes chámano escorpión de praia.

Atópase normalmente nos fondos mariños de mares abertos, achegados á beiramar. As fanecas bravas poden picar aos nadadores se son perturbadas, especialmente cando hai baixamar; tamén aos pescadores cando limpan as súas redes.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

As fanecas contan cun corpo alongado e medran até os 18 cm de longo, mais xeralmente non pasan dos 15 cm. A súa cor é pardo cinsenta no lombo, semellante á da area das praias, e prateada nos costados. Non ten espiñas diante dos ollos.

Distribúese polo Atlántico leste, dende o Mar do Norte, arrodeando as Illas Británicas, Galiza, Portugal e até Marrocos, Madeira, Canarias e o Mediterráneo. Aparecen na beiramar parcialmente soterradas na area das praias deixando só os ollos e as puntas das espiñas dorsais sobre a area.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

A faneca brava é litoral e bentónica, vive na area, fondos lamacentos, que van desde os poucos metros de profundidade até os 150 m (no inverno). Deitadas na area, a súa posición pode describirse como soterrada até os ollos coa punta da primeira espiña dorsal exposta. Por mor da súa pezoña e a súa aparición preto de praias, considérase unha das especies de faneca máis perigosas de Europa. As glándulas pezoñentas están localizados na súa primeira aleta dorsal, que é totalmente negra, e na cuberta das guerlas. Esta especie ten a toxina máis potente de todas as especies da familia Trachinidae[2].

Efectos nos humanos

[editar | editar a fonte]
Image
Faneca brava, apañada en Prestatyn, Gales. Aprécianse as espiñas dorsais pezoñentas (separadas por unha pel case negra) e a típica cola escura en punta.

A picada da faneca é aguda e intensa. A dor adoita radiar á área arredor do limbo.[Cómpre referencia] A intensidade da dor acada o pico aos 30 minutos despois da picada, e despois aos poucos baixa. Porén, por veces a dor ou un formigar pode durar unhas 24 horas. Moi raramente, a dor pode espallarse aos ganglios linfáticos, é dicir, ós das virillas (cando o aguillón se crava na planta do pé), ou ós da axila (se o aguillón pica nas mans).

Protección e auxilio

[editar | editar a fonte]

A faneca é común nalgunhas praias de Galiza, especialmente coa marea baixa. A mellor protección é usar sandalias (chamadas as máis das veces fanequeiras).

Unha vez se produce a picada, se na praia hai posto de socorrismo é o mellor lugar para acudir. O procedemento alá será localizar a picada e despois mergullar o pé en auga quente durante unha hora co obxectivo de inactivar a toxina termolábil. Pódese tamén aplicar unha pomada antihistamínica e despois intentar camiñar por unha superficie quente (a parte alta da praia) para que o organismo termine eliminando definitivamente todo resto da pezoña.

A mellor solución de urxencia é para lavar a ferida, e despois mergullala en auga quente durante polo menos unha hora, para aliviar a dor e axudar a destruír as proteínas do veleno. A temperatura da auga debe ser polo menos duns 40 °C (104 °F) ou tan quente coma o paciente ature. Ademais, cómpre tranquilizar o paciente da inocuidade relativa da picada.

  1. ↑ Nomes vulgares galegos en "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  2. ↑ Renco Štefić,Priroda jadrana,1997

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eschmeyer, William N., ed. 1998. Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. California Academy of Sciences. San Francisco, California, Estados Unidos. 2905. ISBN 0-940228-47-5.
  • Fenner, Robert M.: The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, Nova Jersey, Estados Unidos : T.F.H. Publications, 2001.
  • Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, Estados Unidos , 1997.
  • Hoese, D.F. 1986: . A M.M. Smith e P.C. Heemstra (eds.) Smiths' sea fishes. Springer-Verlag, Berlín, Alemaña.
  • Maugé, L.A. 1986. A J. Daget, J.-P. Gosse e D.F.E. Thys van den Audenaerde (eds.) Check-list of the freshwater fishes of Africa (CLOFFA). ISNB Bruxelas; MRAC, Tervuren, Flandres; e ORSTOM, París, Francia. Vol. 2.
  • Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, Nova Jersey, Estados Unidos: Prentice-Hall. Ano 2000.
  • Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. Nova York, Estados Unidos: John Wiley and Sons. Ano 1994.
  • Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. Ano 1985.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]