Saltar ao contido

Fatah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Fatah
 Nome orixinal
   Image فتح (ar) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Image حركة التحرير الوطني الفلسطيني (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Logotipo
 Instancia de
Características
 Ideoloxía política
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
 Secretario/a
 Autoridade executiva
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1959 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de escanos lexislatura
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
VIAF241852286 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123642055 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02zvw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Fatah (en árabe فتح‎), tamén coñecido como Al-Fatah, é unha organización político-militar palestina, fundada en 1959 en Kuwait, por Yasser Arafat. É un dos principais compoñentes da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), que se creou en 1964, e é membro observador da Internacional Socialista, creada en 1951.

O nome é o acrónimo en árabe de "Movemento Nacional de Liberación de Palestina" (Harakat Al-Tahrir Al-Watani Al-Falastini, حركة التحرير الوطني الفلسطيني). O artigo "al" non forma parte da sigla oficial, pero utilízase frecuentemente en ambientes xornalísticos ou coloquiais.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Dende o fin da segunda guerra mundial formárase un movemento palestino, que aspiraba a construír un estado árabe independente sobre o entón Mandato británico de Palestina, o cal ía contra as aspiracións sionistas sobre o mesmo territorio.

Trala creación de Israel en 1948, un grupo de estudantes palestinos reuníronse, convencidos de que a mellor forma de defender a integridade e a soberanía do pobo palestino era organizar un gran movemento de resistencia, baixo a forma dun movemento revolucionario autónomo, secular e de carácter nacional, é dicir un movemento independente dos países árabes e de calquera outro poder estranxeiro ou relixioso. Desta forma, Yaser Arafat fundou a organización, xunto con Salah Khalaf e Khalil al-Wazir, que residían en Kuwait, co obxectivo de combater a Israel para conseguir a liberación de Palestina,[1] facendo un chamamento a todos os palestinos a loitar contra o Estado de Israel.

O conflito con Israel

[editar | editar a fonte]

Fatah instalouse na Franxa de Gaza a comezos de 1960. Cinco anos máis tarde o movemento comezou a súa loita armada contra Israel, o 1 de xaneiro de 1965, a través dunha ampla operación militar, co nome do seu brazo armado, al-Assifa (a tempestade).

Trala derrota árabe na Guerra dos Seis Días de 1967, que provocou a ocupación israelí da Franxa de Gaza e Cisxordania, o movemento incrementou a súa importancia entre os palestinos. A partir dese momento, comezou a etapa de loita interior, na cal o grupo radicalizou as súas accións.

Durante o ano 1967 Fatah realizou 2.432 ataques contra Israel,[2] pero as forzas de seguridade israelís frustraron a maioría destes atentados. Nestas operacións detiveron a cerca dun millar de milicianos palestinos e morreron case 200. Desta forma, o intento de levantamento popular nos territorios ocupados fracasou. En xaneiro de 1968, rexistróronse soamente 6 intentos de ataques[3]

Cambio de política

[editar | editar a fonte]

Tralo impacto mundial causado por numerosos ataques terroristas contra civís, e en particular o asasinato de 11 deportistas israelís durante os Xogos Olímpicos de Múnic de 1972, Fatah e a OLP decidiron reorientar a súa política, buscando o recoñecemento internacional da causa palestina.

En 1983, o movemento sufriu unha seria crise interna, trala invasión israelí do Líbano. Produciuse unha escisión dentro do movemento, debido ás profundas discrepancias que provocaba a política do diálogo seguida por Yasser Arafat. Desta crise Arafat saíu fortalecido e o seu movemento consolidou o seu dominio da OLP.

En 1985, a sede central da OLP bombardearona as forzas israelís, o que debilitou a súa dirección dentro da organización. Porén, logrou reverter a situación ao levar a cabo a Intifada nos territorios ocupados, en 1987.

Durante os Acordos de Oslo, en 1993, Yasser Arafat recoñeceuse como representante do pobo palestino, firmou a Declaración de Principios con Israel como parte do proceso de paz, no cal se acordou a retirada israelí dos territorios ocupados, o dereito ao autogoberno dos palestinos e a renuncia ao terrorismo contra Israel por parte da OLP. Permitíndose o regreso de Arafat do exilio en Tunisia.

A partir 1994, a dirección de Fatah fíxose cargo da Autoridade Palestina, sendo Arafat o seu presidente ata a súa morte, en 2004.

Acusacións de terrorismo

[editar | editar a fonte]

O movemento rexeitárono moitos países occidentais por supostas vinculacións co terrorismo árabe; pero tivo tamén momentos de aceptación, como o discurso de Arafat ante as Nacións Unidas (1974) en virtude do recoñecemento da OLP como lexítima representante do pobo palestino, ou a súa admisión como membro da Liga Árabe (1976).

Fatah designouse como terrorista baixo a lei israelí[4] e soia ser considerada como tal por Estados Unidos ata que rexeitou formalmente toda forma de terrorismo e recoñeceu o dereito do Estado de Israel a existir, en 1988.[5][6][7][8][9]

Por outra parte, agrupacións independentes nadas ao lado de Fatah, como as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa, perpetraron diversos ataques a partir da Segunda Intifada, sendo cualificadas como organización terrorista polos Estados Unidos e Israel. De acordo a fontes israelís, este grupo é o responsable de polo menos 32 ataques entre 2001 e 2007, 10 deles suicidas, cun saldo de ao redor de 130 vítimas mortais, entre civís e militares.[10][11][12]

  1. ↑ BBC News (2007). "Palestinian rivals: Fatah & Hamas".
  2. ↑ BBC News (2007). "Radiografía de Fatah".
  3. ↑ Benny Morris, Victimes. Histoire revisitée du conflit arabo-sioniste, Editions Complexes (2003), p.400.
  4. ↑ "Israel ministry of Defense". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2012.
  5. ↑ Yassir Arafat - La historia política del líder palestino
  6. ↑ Kushner, Harvey W. (2003). Encyclopedia of Terrorism (illustrated ed.). SAGE. pp. 13-15, 281-83. ISBN 0761924086.
  7. ↑ Lubasch, Arnold H. (30 de xuño de 1988). "Judge Rules PLO Can Retain Office". New York Times.
  8. ↑ Palestine Information Office v. Shultz, 853 F.2d 932 (D.C.Cir. 1988).
  9. ↑ "United States Department of State Bulletin". United States Department of State. 15 de setembro de 1987. Arquivado dende o orixinal o 29-06-2012. Consultado o 23-02-2009.
  10. ↑ Partial list of terrorist attacks during the 1994-2005 period
  11. ↑ "The Al-Aqsa Martyrs Brigade". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2012.
  12. ↑ "The Al-Aqsa Martys Brigade is considered as a terrorist organization by the US government". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2012.