Gordon Cooper
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de marzo de 1927 Shawnee |
| Morte | 4 de outubro de 2004 Ventura |
| Causa da morte | párkinson |
| Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Universidade de Hawaiʻi Murray High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta (1959–1970), enxeñeiro, oficial, aviador, enxeñeiro de aviación, piloto de probas, piloto de automobilismo |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América e Corpo de Marines dos Estados Unidos |
| Rango militar | coronel |
| Tempo no espazo | 9 días, 9 horas e 14 minutos |
| Deporte | automobilismo |
| Familia | |
| Cónxuxe | Trudy Olson (1947–1971) |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.16) |
Leroy Gordon "Gordo" Cooper Jr., nado en Shawnee, Oklahoma, o 6 de marzo de 1927 e finado o 4 de outubro de 2004 en Ventura, California, foi un astronauta norteamericano.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cooper completou os seus estudos de primaria e secundaria entre o seu fogar natal, Shawneee, e Murray (Kentucky). Graduouse en enxeñería aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1956. Recibiu un doutoramento honorario en ciencias pola Universidade da cidade de Oklahoma en 1967.[1][2]
Cooper xa era coronel da Forza Aérea cando foi seleccionado como astronauta do proxecto Mercury en abril de 1959. Entre o 15 e o 16 de maio de 1963 pilotou a cápsula Faith 7 durante a misión Mercury-Atlas 9, a última da serie de voos Mercury, cunha duración de 34 horas e 20 minutos. Foi tamén piloto da misión Gemini 5, que foi lanzada o 21 de agosto de 1965 e tivo unha duración de 190 horas e 56 minutos. Foi piloto de reserva para a misión Gemini 12 e comandante de reserva para a misión Apollo 10. Retirouse da NASA e da Forza Aérea en 1970.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2019). "Cooper, Leroy Gordon Jr 'Gordo'" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019.
- 1 2 3 NASA, ed. (xullo de 1999). "LEROY GORDON COOPER, JR. (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gordon Cooper |