Saltar ao contido

Goslar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goslar
 Nome curto
   Image Gos (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Image Goslar (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Image Goslar (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Imaxe
Características
 Cargo dirixente
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
Historia
 Acontecementos importantes
1167asedio Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
5.480 (1802)
50.457 (2014)
50.782 (2015)
51.439 (2016)
51.128 (2017)
50.753 (2019) actualización estatística
50.010 (2021) actualización estatística
50.203 (2022) actualización estatística
50.253 (2023) actualización estatística
47.419 (2024) actualización estatística
47.454 (2025) actualización estatística Editar o valor en Wikidata
 Superficie
163,88 km²
163,71 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
255 m
260 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal38640 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1421453 Editar o valor en Wikidata
VIAF154765692 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014q_6 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Goslar é unha pequena cidade de Alemaña pertencente ao Land da Baixa Saxonia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Image
Hotel Kaiserworth de Goslar

Situada a 358 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 92,56 km².

Segundo o censo do 31 de decembro de 2021, contaba con 50 010 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 305 hab./km².

A cidade encóntrase nas proximidades do Harz, zona montañosa do norte de Alemaña que ten as altitudes máis altas nesa rexión, e o seu terreo accidentado esténdese por partes da Baixa Saxonia, Saxonia-Anhalt e Turinxia. O nome Harz deriva da palabra do alto alemán medio Hardt ou Hart (bosque de outeiros), latinizada como Hercynia (Hercinia). O Brocken é o cumio máis alto do Harz, cunha altitude de 1 141,1 m sobre o nivel do mar. O Wurmberg (971 m) é o pico máis alto situado enteiramente dentro do estado de Baixa Saxonia.

Fundada en 922 para protexer as ricas minas de prata descubertas na montaña Rammelsberg.[2] Na Alta Idade Media, nos séculos XI e XII, foi a residencia favorita dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico da dinastía Salia, e foi o escenario de frecuentes reunións do Reichstag. Incluso o último desta dinastía, Henrique V, naceu en Goslar.

No século XIII uniuse á Liga Hanseática. En 1290 foi unha cidade imperial libre, até que foi anexionada por Prusia en 1802. Pasou a Westfalia en 1807, volveu a Prusia en 1814, pasou a Hannover en 1815 e, co reino de Hannover, ao reino de Prusia en 1866. Adolf Hitler converteuna na sede da organización agrícola nazi en 1936. Indemne durante a segunda guerra mundial, a cidade recibiu moitos refuxiados doutros lugares de Alemaña.[2]

Economía

[editar | editar a fonte]

Goslar é un centro turístico, e unha importante porta de entrada para os turistas que van ás montañas do Harz. Ademais, produce produtos químicos, materiais sintéticos, materiais de construción, papel, vidro, produtos metálicos, téxtiles, alimentos e produtos eléctricos.[2]

Goslar ten dúas especialidades culinarias: o queixo Harz e a cervexa Gose.

Restos de tempos antigos

[editar | editar a fonte]

Quedan partes das antigas murallas da cidade, así como as torres do século XVI, especialmente a Breites Tor (Porta Ancha). Hai interesantes edificios de pedra e tramado de madeira dos séculos XIII-XVI pertencentes aos gremios de panadeiros e comerciantes de panos; un destes últimos (de 1494) é hoxe o Hotel Kaiserworth. O Palacio Imperial (c. 1040, restaurado a finais do século XIX) foi construído polo emperador Henrique III, cuxa tumba está na capela de San Ulrico. A casa do concello do século XII, posteriormente reconstruída, contén unha singular sala de homenaxe. A catedral (consagrada en 1050) foi demolida en 1819, pero os mosteiros medievais e varias igrexas parroquiais sobreviven.[2]

Patrimonio da humanidade

[editar | editar a fonte]

A cidade histórica de Goslar, coas minas de Rammelsberg, foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1992, uníndose á declaración o sistema de xestión hidráulica do Alto Harz en 2010.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Werner Gottschalk (1999): Chronik der Stadt Goslar: 919–1919; unter Einbeziehung des Reichs- bzw. Landesgeschehens und des Umlandes der Stadt. Goslar: Brumby. ISBN 3-9342-3120-9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]