Voitre africano
| Voitre africano | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un exemplar no Parque Nacional de Etosha
| |||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
[[Ficheiro: |200px|center| Existentes (residentes)
Existentes (non reprodutores) Posiblemente existentes (residentes) Posiblemente extinto Extinto]] Existentes (residentes)
Existentes (non reprodutores) Posiblemente existentes (residentes) Posiblemente extinto Extinto | |||||||||||||||

O voitre africano[2] (Gyps africanus) é un voitre do Vello Mundo da familia Accipitridae, que tamén inclúe as aguias, miñatos, bexatos e falcóns. É a especie de voitre máis común no continente africano.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]O voitre africano é o típico voitre que só ten plumas de penuxe na cabeza e pescozo, ás moi anchas e plumas da cola curtas. Ten unha especie de gorgueira branca no pescozo. O seu dorso branco de adulto contrasta co resto da súa plumaxe negra. Os xoves son principalmene negros. É un voitre de tamaño medio; a súa masa corporal é de 4,2 a 7,2 kg, a súa lonxitude é de 78 a 98 cm e ten unha envergadura 1,96 a 2,25 m.[4][5][6]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Vive desde Senegal, Gambia e Mali no oeste de África, na rexión do Sahel ata Etiopía e Somalia polo leste, no leste de África en Mozambique, Zimbabwe, Botsuana, Namibia e Suráfrica no sur.[1] É a especie máis espallada e común de voitre en África cunha área de distribución estimada de 24.300.000 km2, pero está a sufrir fortes diminucións de poboación nos últimos anos.[1]
En España, rexistrouse a súa presencia de forma ocasional debido a exemplares que cruzan o estreito de Xibraltar ou se dispersan desde o norte de África.[7]
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]
Son animais preeiros obrigados cun alto nivel de especialización en comer prea e fragmentos de óso.[8] As súas fontes de alimento primarias son as carcasas de grandes animais herbívoros atopados nas sabanas arboradas onde viven. Isto inclúe os facóqueros, cebras, gacelas, rinocerontes, búfalos especialmente os búfalos africanos, avestruces e mesmo gando vacún. O seu pico é de tamaño medio e non está adaptado para desgarrar peles duras, así que están limitados a comer os tecidos brandos, como as vísceras, usando unha táctica de alimentarse puxando da carcasa.[9]
O voitre africano voa en círculos polo ceo na procura de animais mortos frescos, xeralmente seguindo outras aves preeiras e mamíferos carnívoros para atopalos.[10] Os voitres Gyps considéranse sociais e dependen moito dos seus conespecíficos para que lles sirvan de indicación sobre a posición das carcasas das que se alimentan.[11] En contra da crenza popular, o padrón de voo en círculos non é un sinal para outros voitres de que hai comida. Ese sinal podería incrementar a competición sobre recursos limitados, así que, en vez diso, os voitres confían nas súas pistas persoais e sociais para aq localización das carcasas mentres equilibran o risco de competición co uso selectivo da información social nas decisións de voo.[12]
Os voitres africanos aliméntanse en grupos e adoitan ser unha das primeiras especies de voitres que chegan ás carcasas.[13]
Reprodución
[editar | editar a fonte]O voitre africano nidifica en árbores. Normalmente elixen árbores altas ao longo das ribeiras de ríos e mostran unha forte preferencia polas especies de Acacia. Os niños son grandes, de aproximadamene 1 m de diámetro e están feitos de paus grandes e forrados con follas e herbas.
Un estudo que monitorizou 32 niños de voitres africanos na Reserva Nacional Masai Mara durante o período que vai de 2003 a 2007 mostrou que o éxito de nidificación medio era do 59 %.[14] Outro estudo a longo prazo realizado en Linyanti, Botsuana atopou que houbera diminucións rápidas nas cifras de nidificación nun período de 10 anos.[15] En 2007, había 73 parellas reprodutoras na área cunha densidade mínima de 14,9 niños por 100 km2. En 2017, isto diminuíu a 22 parellas reprodutoras nidificantes e 4,49 niños por 100 km2. Ademais dun descenso no número de niños activos na área, o éxito reprodutor declinou desde o 62 % en 2006 ao 37 % en 2017.
O voitre africano sofre a ameaza da degradación do seu hábitat e do furtivismo; e por iso evitan áreas alteradas antropoxenicamente cando seleccionan sitios de nidificación e o seu status de protección é tamén un forte determinante da selección do sitio.[16]
Os voitres africanos teñen un ciclo reprodutor longo. O período de incubación é dunhas 8 semanas e o período de nidificación é duns 4–5 meses.[17]
Saúde
[editar | editar a fonte]A carracha Argas theilerae (argásido de Theiler do voitre africano) é un parasito do voitre africano.[18]
Conservación
[editar | editar a fonte]A especie está sufrindo un rápido declive. Cando se avaliou por primeira vez en 1988 clasíficábase na categoría de "preocupación menor" debido á súa gran poboación e ampla distribución. Foi reavaliada como especie "case ameazada" na Lista Vermella da IUCN de 2007 despois que se notase o comezo dun importante declive.[19] En 2012, dispúxose de máis información sobre as tendencias da poboación, e as estimacións indican que nas seguintes tres xeracións as poboacións do voitre africano poderían descender nun 50 %. En consecuencia, engadiuse a especie á lista de especies "en perigo".[20] En outubro de 2015, o seu status foi empeorado a "en perigo crítico" porque o seu declive chegou a ter unha magnitude que poñía o voitre nun risco extremo de extinción.[1] Un estudo de 2024 indicou que a súa poboación caera nun 86 %.[21]
Tamén se realizaron estudos sobre o voitre africano e algunhas especies de voitres asiáticos dentro do clado Gyps para ver os efectos do diclorofenaco de uso veterinario.[22] Tanto cando se lle daba aos voitres unha dose oral coma intravenosa da substancia, os efectos eran case idénticos e o diclorofenaco finalmente os envelenaba.[23]
Outra razón para a diminución do número de voitres africanos é o decrecemento no número dos seus sitios de nidificación, os cales son as árbores da sabana e os niños son de aproximadamente 1 m de diámetro. Hai unha relación inversa entre a cantidade de actividade humana (granxas, ranchos, etc.) e a cantidade de actividade nidificadora do voitre nesas áreas, así que a medida que a actividade humana en África se expande, o número de sitios de nidificación dispoñibles diminúe, poñendo aos voitres en graves problemas. [24] Un factor que contribúe son os cambios grandes na composición da vexetación, como a proliferación arbustiva, que pode diminuír a eficiencia na caza debido á limitada visibilidade.[25]
O 20 de xuño de 2019, atopáronse os cadáveres de 537 voitres das especies Gyps africanus (468), Trigonoceps occipitalis (17), Necrosyrtes monachus (28), Torgos tracheliotos (14) e Gyps coprotheres (10), ademais de 2 aguias rapaces, no norte de Botsuana. Sospéitase que morreron despois de comeren as carcasas de 3 elefantes que foran envelenados por furtivos, posiblemente para evitaren a detección polo voo dos paxaros, que axuda aos gardabosques a rastrear a actividade dos furtivos cando voan en círculo arredor de onde hai animais mortos. A maioría das aves acababan de procrear e deixaron os seus fillos orfos e mal dotados para sobrevivir. Os voitres son tamén aves de reprodución lenta, e peder uns 400 nunha semana é un golpe devastador para a especie.[26][27][28][29]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 "Gyps africanus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "white-backed vulture". african geographic. 6 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2022.
- ↑ "White-backed vulture videos, photos and facts - Gyps africanus". ARKive. Consultado o 2011-05-31. [Ligazón morta]
- ↑ Raptors of the World by Ferguson-Lees, Christie, Franklin, Mead & Burton. Houghton Mifflin (2001), ISBN 0-618-12762-3
- ↑ "African White-backed Vulture". Oiseaux-birds. Arquivado dende o orixinal o 2014-07-14. Consultado o 2011-10-11.
- ↑ SeoBirdlife buitre dosrsiblanco africano
- ↑ Kemp, Alan C., et al. “White-backed Vulture (Gyps Africanus).” Birds of the World, marzo de 2020, doi:10.2173/bow.whbvul1.01.
- ↑ Mundy, P.; Butchart, D.; Ledger, J.; Piper, S. (1992). The Vultures of Africa. Randburg, South Africa: Acorn Books.
- ↑ Gill, R. "White-Backed Vulture (Gyps africanus)". wildlifeact.com. Wildlife Act. Consultado o 30 de xullo de 2020.
- ↑ Jackson, A. L.; Ruxton, G. D.; Houston, D. C. (2008). "The effect of social facilitation on foraging success in vultures: a modelling study". Biology Letters 4 (3): 311–313. PMC 2610049. PMID 18364309. doi:10.1098/rsbl.2008.0038.
- ↑ Sassi, Y.; Nouzières, B.; Scacco, M.; Tremblay, Y.; Duriez, O.; Robira, B. (2024). "The use of social information in vulture flight decisions". Proceedings. Biological Sciences 291 (2018 (número de artigo: 20231729)). PMC 10932706. PMID 38471548
|pmid=incorrecto (Axuda). doi:10.1098/rspb.2023.1729. - ↑ Kendall, C.; Virani, M.; Kirui, P.; Thomsett, S.; Githiru, M. (2012). "Mechanisms of Coexistence in Vultures: Understanding the Patterns of Vulture Abundance at Carcasses in Masai Mara National Reserve, Kenya". The Condor 114 (3): 523–531. doi:10.1525/cond.2012.100196.
- ↑ Virani, M (2010). "Nesting status of African White-backed Vultures Gyps Africanus in the Masai Mara National Reserve, Kenya". Ostrich 81 (3): 205–209. Bibcode:2010Ostri..81..205V. doi:10.2989/00306525.2010.519894.
- ↑ Leepile, Leungo B. L.; Maude, Glyn; Hancock, Pete; Reading, Richard P.; Bridges, Brian; Hartley, Robyn; Amar, Arjun (2020). "Changes in nesting numbers and breeding success of African White-backed Vulture Gyps africanus in north-central Botswana". Bird Conservation International 30 (3): 456–473. doi:10.1017/S0959270920000179.
- ↑ Bamford, Andrew J.; Monadjem, Ara; Hardy, Ian C. W. (2009). "Nesting habitat preference of African White-backed Vulture Gyps africanus and the effect of anthropogenic disturbance". Ibis (151): 51–62. doi:10.1111/j.1474-919X.2008.00878.x.
- ↑ Kemp, A. C.; Kemp, M. I. (1975). "Observations on the White backed Vulture Gyps africanus in the Kruger National Park, with notes on other avian scavengers". Koedoe (18): 51–68.
- ↑ Hoogstraal, Harry; Kaiser, Makram N. (1970-01-15). "The Subgenus Persicargas (Ixodoidea, Argasidae, Argas). 8. A. (P.) theilerae, New Species, a Parasite of the White-Backed Vulture in South Africa". Annals of the Entomological Society of America 63 (1): 205–210. PMID 5415596. doi:10.1093/aesa/63.1.205.
- ↑ See BirdLife International (2007a. b).
- ↑ "Recently recategorised species". Birdlife International (2012). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2007. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ "African savanna raptors show evidence of widespread population collapse and a growing dependence on protected areas" (PDF). nature. 15 de agosto de 2025. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 de agosto de 2025.
- ↑ Bamford, A.J.; Monadjem, A.; Anderson, M.D.; Anthony, A.; Borello, W.D.; Bridgeford, M.; Bridgeford, P.; Hancock, P.; Howells, B.; Wakelin, J.; Hardy, I.C. (2009). "Trade-offs between specificity and regional generality in habitat association models: a case study of two species of African vulture". Journal of Applied Ecology 46 (4): 853–859.
- ↑ Naidoo V, Wolter K, Cuthbert R, Duncan N. 2009. Veterinary diclofenac threatens Africa's endangered vulture species. Regul Toxicol Pharmacol 53:205–208.
- ↑ BAMFORD, A. J., MONADJEM, A., & HARDY, I. C. (2008, September 16). Nesting habitat preference of the African White‐backed Vulture Gyps africanus and the effects of anthropogenic disturbance. Consultado o 23 d febriro de 2018, de http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1474-919X.2008.00878.x/full
- ↑ Malan, G.; Walker, K. S.; Monadjem, A. (2024). "Finders' eaters: Increasing bush encroachment may shift carcass detection from diurnal avian to nocturnal mammalian scavengers". African Journal of Ecology. doi:10.1111/aje.13262. hdl:2263/97325.
- ↑ "Over 500 Rare Vultures Die After Eating Poisoned Elephants In Botswana". Agence France-Press (NDTV). 2019-06-21. Arquivado dende o orixinal o 2020-11-08. Consultado o 2019-06-28.
- ↑ Hurworth, E. (2019-06-24). "More than 500 endangered vultures die after eating poisoned elephant carcasses". CNN. Arquivado dende o orixinal o 2021-08-03. Consultado o 2019-06-28.
- ↑ Solly, Meilan (2019-06-24). "Poachers' Poison Kills 530 Endangered Vultures in Botswana". Smithsonian. Arquivado dende o orixinal o 2021-05-02. Consultado o 2019-06-28.
- ↑ Ngounou, B. (2019). "BOTSWANA: Over 500 vultures found dead after massive poisoning". Afrik21. Arquivado dende o orixinal o 2021-01-26. Consultado o 2019-06-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BirdLife International (2007a): 2006-2007 Red List status changes Arquivado 2007-08-28 en Wayback Machine.. Consultado o 26 de agosto de 2007.
- BirdLife International (2007b): White-backed Vulture - BirdLife Species Factsheet. consultado o 26 de agosto de 2007.
- Gill, F & D Donsker (Eds). 2013. IOC World Bird Names (v 3.3) www.worldbirdnames.org Arquivado 2010-03-24 en Wayback Machine. Taxonomy of raptors
- Chomba, Chansa (2013) Nesting patterns of raptor; White backed vulture (Gyps africanus) and African fish eagle (Haliaeetus vocifer), in Lochinvar National Park on the kafue flats, Zambia. Open Journal of Ecology, 3.5, 35-330.
- Mebrat, Tekemariam, Ashok, Verma. Communal Roosts of African White backed Gyps africanus and Hooded Vultures Necrosyrtes monachus in Wondo Genet College of Forestry and Natural Resources, Southern Ethiopia. Vulture News, 64, 5-20.
- Monadjem, A., Botha, A. and Murn, C. (2013), Survival of the African white-backed vulture Gyps africanus in north-eastern South Africa. African Journal of Ecology, 51: 87–93. doi: 10.1111/aje.12009
- Munir Virani, Paul Kirui, Ara Monadjem, Simon Thomsett & Mwangi Githiru (2010) Nesting status of African White-backed Vultures Gyps africanus in the Masai Mara National Reserve, Kenya, Ostrich, 81:3, 205–209, DOI: 10.2989/00306525.2010.519894
- Corinne Kendall, Munir Z. Virani, Paul Kirui, Simon Thomsett and Mwangi Githiru. (2012) Mechanisms of Coexistence in Vultures: Understanding the Patterns of Vulture Abundance at Carcasses in Masai Mara National Reserve, Kenya. The Condor 114:3, 523–531. Online publication date: 1-Aug-201214-Sep-2012
- Naidoo V., Wolter K., Cuthbert R., Duncan N. 2009. Veterinary diclofenac threatens Africa's endangered vulture species. Regul Toxicol Pharmacol 53:205–208.
- Aas, E., Beyeri, J., Goksoyr, A. (2000) Fixed wavelength fluorescence (FF) of bile as a monitoring tool for polycyclic aromatic hydrocarbon exposure in fish: an evaluation of compound specificity, inner filter effect and signal interpretation. Biomarkers 5:9–23
- Agarwal, T., Khillare, P. S., Shridhar, V., Ray, S. (2009) Pattern, sources and toxic potential of PAHs in the agricultural soils of Delhi, India. J Hazard Mater 163:1033–1039
- Albers P. H. (2006) Birds and polycyclic aromatic hydrocarbons. Avian Poult Biol Rev 17(4):125–140
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- African white-backed vulture videos Arquivado 2010-07-03 en Wayback Machine. on the Internet Bird Collection
- White-backed vulture - Species text in The Atlas of Southern African Birds Arquivado 2012-07-03 en Wayback Machine..
- Gyps Africanus on Iziko - Museums of Cape Town Arquivado 2018-01-20 en Wayback Machine..
