Saltar ao contido

Himeneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Himeneo
Imaxe
 Instancia de
Biografía
 Sexo
 Patrón de
 Semellante a
Hymen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
 Pai
Fontes e ligazóns
VIAF309661663 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0l5jm Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5657719
Wikidata C:Commons
Image
Himeneo nun mosaico da sala 3 das Termas de Neptuno, en Ostia Antica.

Himeneo (en grego antigo Ὑμέναιος), tamén chamado Himen, é un deus da mitoloxía grega, encargado das cerimonias de matrimonio, inspirador das festas e as cancións. Himeneo é tamén un xénero de poesía lírica grega cantada durante a procesión da noiva á casa do noivo, na que se apelaba ao deus, en contraste co epitalamio, que se cantaba no limiar nupcial.

Image
Himeneo travestido durante un sacrificio a Príapo. Óleo de Nicolás Poussin.

Himeneo asistía aos connubios, e cando non o facía o matrimonio resultaría desastroso, polo que os gregos corrían vivamente gritando o seu nome. Presidiu moitas das vodas dos mitos gregos, incluídas as de todas as deidades e os seus descendentes.

Himeneo era celebrado na antiga canción matrimonial de orixe descoñecida Hymen o Hymenae, Hymen recollida por Caio Valerio Catulo[1] Os termos «himno» e «himen» proceden desta celebración.[2]

Himeneo era o fillo de Baco/Dioniso e de Venus/Afrodita. Noutras tradicións era fillo de Apolo e unha das Musas. Outras historias danlle unha orixe lendaria. Nun dos fragmentos conservados do Catálogo de mulleres atribuído a Hesíodo dise que Magnes «tivo un fillo de extraordinaria beleza, Himeneo. E cando Apolo viu o rapaz namorou del e non abandonou a casa de Magnes»[3]. Porén, segundo a Suda, o eraste de Himeneo foi Tamiris.

A paz de Aristófanes termina con Trixeo e o Coro cantando a canción nupcial, co retrouso «¡Oh Himen! ¡Oh Himeneo!»[4] típico para unha canción deste tipo.[2]

Representación

[editar | editar a fonte]

Polo menos desde o renacemento italiano, Himeneo adoita ser representado na arte como un home novo levando unha grilanda de flores e sostendo un facho acendido nunha man.

Image
Cupido reaviva o facho de Himeneo. Escultura de George Rennie.

Himeneo aparece mencionado na Ilíada de Homero, na descrición da forxa do escudo de Aquiles:

Alí representou tamén dúas cidades de homes dotados de palabra. Nunha celebrábanse vodas e festíns: as noivas saían dos seus cuartos e eran acompañadas pola cidade á luz de fachos acendidos, oíanse repetidos cantos de himeneo, mozos danzantes formaban círculos, dentro dos cales soaban frautas e cítaras, e as matronas admiraban o espectáculo desde os vestíbulos das casas.
Ilíada XVIII. 490

Outras fontes clásicas son:

Aparece tamén na obra de Safo:

Alta debe ser a cámara —


Himeneo!
Facédea alta, construtores!
Un noivo ven —
Himeneo!


Como o propio deus da guerra, o máis alto dos altos!

E é mencionado tamén en dúas obras de William Shakespeare: A tempestade e Como gustedes, onde se une ás parejas ao final:

Himeneo poboa a cidade:


Honrade todo casamento.
Honra e prez, gloria sen par


a Himeneo, deus da cidade.
  1. ↑ Catullus Arquivado 30 de maio de 2010 en Wayback Machine., en Religio Romana.
  2. 1 2 Encyclopaedia Britannica, hymen
  3. ↑ OMACL: Hesiod, the Homeric Hymns and Homerica: Marriage of Ceyx to Doubtful fragments Arquivado 05 de decembro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
  4. ↑ Peace Arquivado 01 de decembro de 2005 en Wayback Machine., libreto do drama de Aristófanes (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • P. Maas, «Hymenaios» REF 9 (1916) páx. 130-34.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]