Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Os hui (en chinés:回族, Xiao'erjing: خُوِذُو; dungan: Хуэйзў, Xuejzw) son un grupo étnico que se compón principalmente por musulmáns da fe sunní que viven na China, concentrándose as súas poboacións nas provincias do noroeste e Zhongyuan. Segundo o censo de 2011, China é o fogar 10,5 millóns de hui, a maioría dos cales fala chinés e practican o islam, malia que algúns practican outras relixións.
O pobo hui é étnica e lingüisticamente semellante ós han[1] coa excepción de que a maioría deles practica o islam,[2] o que implica varias características culturais distintivas. Por exemplo, como musulmáns seguen as leis da dieta islmámica e non consomen a carne de porco, a carne máis consumida na China.[3]
Os hui son un dos 56 grupos étnicos recoñecidos pola China. O goberno defino o pobo hui como o que abrangue historicamente a tódolos musulmáns que non están presentes en ningún outro grupo étnico da China[4] Os hui falan predominantemente chinés.[2] De feito, o grupo étnico hui é único entre as minorías chinesas por estar asociado a unha lingua sinítica.[5]
↑Por suposto, moitos membos de minorías chinesas non falan a súa lingua tradicional, como é o caso do pobo manchú que xa non fala a súa lingua nativa; pero a lingua manchú conta con numerosos rexistros históticos. Porén, os devanceros dos actuais hui son predominantemente falantes nativos de chinés dende a dinastía Ming (Lipman (1997), p. 50.