John Reid
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de setembro de 1949 Paisley |
| Educación | St Mirin's Academy (en) Stow College |
| Actividade | |
| Ocupación | xerente, axente de talentos, representante artístico |
| Período de actividade | 1967 |
John Reid é un director musical escocés, activo na industria musical desde os anos 70. Actualmente está moi vinculado profesionalmente con Australia, onde é moi coñecido por formar parte do xurado na versión deste país do concurso televisivo Factor X.
Entre 1975 e 1978, Reid foi o representante da banda británica de rock Queen.
Durante 28 anos, traballou tamén co cantante e compositor Elton John. Durante os primeiros cinco anos de traballo, Reid e Elton John mantiveron ademais unha relación de parella. En 1998, a colaboración profesional de Elton John con John Reid acabou, en medio dunha forte disputa por cuestións financeiras, que saíron á luz a través do Daily Mirror, o que ocasionou que en 2000 os dous acabasen nos xulgados.[Cómpre referencia]