Saltar ao contido

Kanada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKanada
Biografía
Nacementoséculo II a. C. Editar o valor en Wikidata
Dvārakā Editar o valor en Wikidata
Mortep. século II a. C. Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Kanada (en sánscrito: कणाद, IAST: Kaṇāda), tamén coñecido como Kashyapa, Uluka, Kananda e Kanabhuk,[1][2] foi un científico natural e filósofo da India que fundou a escola Vaisheshika da filosofía india que tamén é un fos primeiros físicos da India.[3][4]

Estímase que viviu nalgún momento entre os séculos VI e II a.C., mais sábese pouco da súa vida.[4][5][6] O seu nome tradicional "Kanada" significa "comedor de partículas",[7] e é coñecido por desenvolver os fundamentos dunha achega atomísta á física e á filosofía no texto sánscrito Vaiśeṣika Sūtra.[8][9] O seu texto coñécese tamén como Kanada Sutras, ou Aforismos de Kanada.[10][11]

A escola fundada por Kanada explica a creación e a existencia do universo propoñendo unha teoría atómica, aplicando a lóxica e o realismo, e foi unha das primeiras ontoloxías realista e sistemática na historia.[12] Kanada suxeriu que todo pode ser subdividido, mais que esta subdivisión non pode continuar sempre, e ten que haber entidades máis pequenas (parmanu) que non poden ser divididas, que son eternas, que se agregan en diferentes formas para formar substancias complexas e corpos con identidade única, un proceso que involucra a calor, e esta é a base para toda a existencia material.[13][14] Empregou estas ideas co concepto de Atman (alma, mesmo) para desenvolver un significado non teístico de moksha.[15][16] Dende o punto de vista da física, as súas ideas implican un papel claro para o observador, independente do sistema estudado.

As ideas de Kanada foron influentes noutras escolas do hinduísmo, e durante a historia foi fortemente asociado coa escola Nyaya da filosofía hindú.[12]

O sistema de Kanada fala de seis propiedades (padārthas) nomeables e coñecibles. Afirma que estas son suficientes para describir todo no universo. Estas categorías son dravya (substancia), guna (calidade), karman (movemento), samanya (universal), visesa (particular) e samavaya (inherencia). Hai nove clases de substancias (dravya), algunhas delas atómicas, outras non atómicas e outras omnipresentes.

As ideas de Kanada abranguen un amplo rango de campos, e influíron non só na filosofía, senón posiblemente en estudosos doutros ámbitos, como Charaka que escribiu un texto médico que se conserva chamado Charaka Samhita.[17]

O século en que viviu Kanada non está claro e foi asunto de longo debate.[12] Nun artigo de 1961, Riepe afirma que Kanada viviu antes do 300 a.C., mais non hai evidencias convincentes para situalo nun século determinado.[18]

O Vaisheshika Sutras menciona a competición de escola de filosofía india como Samkhya e Mimamsa,[19] mais non menciona o budismo, o que levou a algúns estudosos a estimar a súa vida no século VI a.C.[3][4][13] O manuscrito do Vaisheshika Sutras consérvase en múltiples versións e o descubrimento de novos manuscritos en diferentes partes da India por Thakur en 1957 e Jambuvijayaji en 1961, seguidos por estudos críticos, suxiren que o texto atribuído a Kanada foi sistematizado e finalizado entre o 200 a.C. e o inicio da era común, coa posibilidade de que as súas doutrinas clave sexan moito máis antigas.[19][4][20] Numerosos textos hindús datados nos séculos I e II, como o Mahavibhasa e o Jnanaprasthana do imperio Kushan, citan e comentan as doutrinas de Kanada.[21] As súas ideas tamén se mencionan en textos budistas do mesmo período atribuídos a Aśvaghoṣa.[21]

Na literatura xainista, coñécese como Sad-uluka, que significa "o Uluka que propuxo a doutrina das seis categorías".[19] A súa filosofía Vaisheshika tamén aparece con nomes diversos, como "filosofía Aulukya" derivado do alcume Uluka (literalmente bufo, ou comedor de gran na noite).[19][note 1]

  1. ↑ Unha lenda da tradición hindú afirma que o estudoso asceta Kanada pasaría todo o día dedicado ao estudo e á meditación, comendo só cada noite coma un bufo.[7]
Referencias
  1. ↑ Sharma 2000, p. 175.
  2. ↑ Riepe 1961, p. 228 with footnote 12.
  3. 1 2 Bart Labuschagne & Timo Slootweg 2012, p. 60, Quote: "Kanada, a Hindu sage who lived either around the 6th or 2nd century BCE, and who founded the philosophical school of Vaisheshika..
  4. 1 2 3 4 Jeaneane D. Fowler 2002, pp. 98-99.
  5. ↑ Oliver Leaman (1999), Key Concepts in Eastern Philosophy. Routledge, ISBN 978-0415173629, page 269
  6. ↑ J Ganeri (2012), The Self: Naturalism, Consciousness, and the First-Person Stance, Oxford University Press, ISBN 978-0199652365
  7. 1 2 Jeaneane D. Fowler 2002, p. 99.
  8. ↑ Riepe 1961, pp. 227-229.
  9. ↑ "The Vaisesika sutras of Kanada. Translated by Nandalal Sinha" Full Text at archive.org
  10. ↑ Riepe 1961, p. 229.
  11. ↑ Kak, S. 'Matter and Mind: The Vaisheshika Sutra of Kanada' (2016), Mount Meru Publishing, Mississauga, Ontario, ISBN 978-1-988207-13-1.
  12. 1 2 3 Jeaneane D. Fowler 2002, p. 98.
  13. 1 2 H. Margenau 2012, p. xxx-xxxi.
  14. ↑ Jeaneane D. Fowler 2002, pp. 100-102.
  15. ↑ Lochtefeld, James G. (2002). The Illustrated Encyclopedia of Hinduism: N-Z. The Rosen Publishing Group. pp. 729–731. ISBN 978-0-8239-3180-4.
  16. ↑ Sharma 2000, p. 177-186.
  17. ↑ Bimal Krishna Matilal 1977, pp. 55-56.
  18. ↑ Riepe 1961, pp. 228-229.
  19. 1 2 3 4 Bimal Krishna Matilal 1977, p. 54.
  20. ↑ Halbfass, Wilhelm (1992). On Being and What There Is: Classical Vaisesika and the History of Indian Ontology. State University of New York Press. pp. 79–80. ISBN 978-0-7914-1178-0.
  21. 1 2 Bimal Krishna Matilal 1977, p. 55.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]