Saltar ao contido

Lago Léman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago Léman
 Nome orixinal
Image Léman (fr)
Image Genfersee (de) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Lista do elemento
Características
 Parcialmente coincidente con
Localización
 País da cunca
 Conca hidrográfica
 Afluente do lago
 Efluente do lago
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   14 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   73 km Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
309 m
152,7 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   581,3 km² Editar o valor en Wikidata
 Volume
   89 km³ Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   372 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   7.395 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap332617 Editar o valor en Wikidata
VIAF316429727 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016mr7 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454977
Wikidata G:Commons C:Commons

O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seus 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).

A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.

Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).

Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.

O primeiro rexistro coñecido do nome do lago é Lacus Lemannus, na época do Imperio romano; tornouse Lacus Lausonius, Lacus Losanetes e entón Lac de Lausanne na Idade Media. Coa crecente importancia de Xenebra, tornouse Lac de Genève (lago de Xenebra). No século XVIII, o nome Lac Léman foi revigorado en francés. É usualmente chamado de Lac de Genève en Xenebra e Lac Léman noutros lugares. Algúns mapas denomínano Lac d'Ouchy (do nome do porto localizado próximo de Lausana).

Nota de pronuncia (no Alfabeto fonético internacional) —

Inglés: Lake Geneva /leɪk dʒə'ni:və/
Francés: Lac Léman /lak le'mɑ̃/ or Lac de Genève /lak də ʒe'nɛv/
Alemán: Genfersee /'gɛnfərˌze:/
Italiano: Lago di Ginevra /'lago di dʒi'nevra/.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]