Saltar ao contido

Lago Maior

Lago Maior
 Nome orixinal
   Image Lago Maggiore (it) Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Historia
 Acontecementos importantes
1921Ca.60 crash (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Cordilleira
 Conca hidrográfica
 Afluente do lago
Rio Ticino (pt) Traducir
Stronetta (en) Traducir
Tiasca (en) Traducir
Bardello (en) Traducir
Giona (en) Traducir
Boesio (en) Traducir
Verzasca (en) Traducir
San Bernardino (en) Traducir
Maggia
Acquanegra (en) Traducir
Toce (en) Traducir
Tresa (en) Traducir
Cannobino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Efluente do lago
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   5 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   66 km Editar o valor en Wikidata
 Profundidade
   372 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   212,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Volume
   37.000 hm³ Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   193 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   6.386 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap11758 Editar o valor en Wikidata
VIAF312586992 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/034mxc Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5646901
Wikidata G:Commons C:Commons

O lago Maior (en italiano: 'Lago Maggiore ou Lago Verbano') é un lago alpino do norte de Italia e Suíza. Trátase dun lago glaciario que se formou ao final da última glaciación. A súa altitude é de 193 msnm.

Encóntrase na fronteira de Italia e Suíza, entre os Alpes e a chaira padana, a uns 50 km ao noroeste de Milán e uns 130 km ao sur de Zürich. O 80 % da súa superficie corresponde a Italia e o 20 % a Suíza. As súas augas bañan dúas rexións italianas e un cantón suízo:

O lago encóntrase entre as coordenadas xeográficas seguintes:

  • Latitude: entre os 45°43' N e os 46°11' N
  • Lonxitude: entre os 8°29' L e os 8°52' L

É o segundo lago italiano por extensión, despois do lago de Garda, cunha superficie de 212 km². A elegancia de célebres estacións climáticas e a beleza e variedade da paisaxe convérteno nunha das metas máis frecuentadas e preferidas polo turismo internacional.

As fermosas vilas ás súas orelas tiveron gran fama durante a Belle Époque, e algunhas conservan aínda, en parte, o aspecto daqueles tempos.

Entre a máis famosas están Arona, patria de San Carlos Borromeo; Stresa, elegante e refinada; Pallanza coa súa Villa Taranto adornada cun fermoso xardín e, na ribeira lombarda, Luino e Laveno-Mombello.

Son de particular interese as illas Borromeas, fronte a Stresa: a Illa Bella, co maxestoso Palacio Borromeo (sede dunha pinacoteca) e o seu su espectacular xardín á italiana do período barroco, e a illa dos Pescadores, cun palacio do século XVIII e un xardín botánico.