A lingua shona ou chiShona é a máis falada das linguas bantú, falada polo pobo shona de Zimbabwe. O termo tamén se pode empregar para identificar ós pobos que falan algunha das variedades do shona central: zezuru, karanga, manyika e korekore. Baseándose nun artigo de 1931 de Clement Doke, o shona estándar desenvolveuse a partir das diferentes variedades do shona central. Xa que a capital atópase na rexión Zezuru, esta variedade fíxose dominante na lingua estándar.
O shona é unha das linguas oficiais de Zimbabwe. Outros países con falantes shona son Botswana, Mozambique e Zambia por mor da chegada de refuxiados provocados pola crise económica de Zimbabwe.
O shona é a máis falada das linguas bantú segundo o número de falantes nativos. Segundo o Ethnologue,[1] o shona, abrangue os dialectos karanga, zezuru e korekore, uns 10,8 millóns de persoas. O manyika e o ndau[2][3][4] son clasificados como linguas diferentes por Ethnologue,[5] e son falados por 1025000[6] e 2380000[7] de persoas, respectivamente. O número total podería roldar os 14,2 millóns. O zulú é a segunda lingua bantú máis falada, con 10,3 millóns de falantes segundo Ethnologue.[8]
↑Stabilization in the Manyika Dialect of the Shona Group, Hazel Carter, Africa: Journal of the International African Institute, Vol. 26, No. 4, Oct., 1956, pp. 398-405
↑Report on the Unification of the Shona Dialects. By Clement M. Doke. 1931