Saltar ao contido

Chícharo de raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lupinus»)
Chícharo de raposo
 Nome taxon
   Image Lupinus albus
 Nome curto
   Image L. albus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Fonte de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Image
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFabales
 FamiliaFabaceae
 TriboGenisteae
 XéneroLupinus
 EspecieLupinus albus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Lupinus albus Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0fzb7w Editar o valor en Wikidata
UNII5DIC38440V Editar o valor en Wikidata
ITIS503572 Editar o valor en Wikidata
OTT1030424 Editar o valor en Wikidata
UICN174710 Editar o valor en Wikidata
CoL3WF58 Editar o valor en Wikidata
EOL703662 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000213483 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
BNE: XX527841
Wikidata C:Commons
Image
Lupinus albus
Image
Chícharos de raposo (sementes do tremoceiro Lupinus albus).

O chícharo de raposo ou chícharo bravo[1] é o nome que reciben as plantas fabáceas (especialmente Lupinus albus[2] e L. angustifolius[3]), pertencentes ao xénero Lupinus e usadas na fixación de nitróxeno nos solos. O xénero inclúe arredor de 200 especies orixinarias do Mediterráneo (subxénero Lupinus) e de América (subxénero Platycarpos (Watson) Kurl.) A semente, de cor amarela, non ten aproveitamento agrícola e é xeralmente vendida e consumida en conserva como petisco (acepipe), sendo moi común nas cervexarías de Portugal. O tremoceiro in natura contén un aminoácido neurotóxico que o veda ao consumo humano, alén dunha serie de substancias alcaloides dotadas de efectos neurotóxicos e hepatóxicos do grupo da quinolicidina, como a lupanina, ou lupinina, mais isto só ocorrería co consumo do gran fresco ou seco, e en grandes cantidades e por longos períodos. Para poder consumir os chícharos de raposo sen risco, deben ser cocidos e despois cubertos de auga mudándoa con frecuencia durante uns días até perderen o seu amargo orixinal, coa eliminación dos alcaloides. Preparados deste xeito, os chícharos bravos non ofrecen ningún risco á saúde.

Botánica

[editar | editar a fonte]

Lupinus é un dos xéneros de plantas da familia das fabáceas, subfamilia Faboideae. Hai preto de 150 especies clasificadas neste xénero (subxéneros Lupinus, e Platycarpos (Wats.) Kurl.). A maioría destas especies teñen a propiedade de fixar nitróxeno nos solos, e moitas son utilizadas como fertilizante natural en zonas agrícolas. As sementes das plantas do xénero Lupinus, tremoceiros, son coñecidas como chícharos de raposo ou bravos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son plantas de talo erecto, que habitualmente miden entre 5 dm e 2 m de altura. As súas follas están formadas por un número impar de folíolos e o seu aspecto é semellante ao dunha man. Nas especies silvestres e as cultivadas con propósitos ornamentais, as flores reúnense en longas e vistosas inflorescencias, porén, as especies cultivadas para a alimentación adoitan ter inflorescencias máis miúdas e pouco notorias. As cores dos pétalos varían dende o branco ao azul intenso, con predominio de tons azulados e rosados. O seu froito é un legume que contén sementes con forma de esfera achatada.

As especies sinaladas con P medran de forma espontánea en Galiza, normalmente en solos areentos.

Constituíntes tóxicos existentes neste xénero

[editar | editar a fonte]

Clasificación do xénero

[editar | editar a fonte]
SistemaClasificaciónReferencia
Carl von LinnéClase Diadelphia, orde Decandria[4]
  1. ↑ Termos esenciais de botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela
  2. ↑ http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=tremoceiro&tipo_busca=lema
  3. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chícharo.
  4. ↑ Species Plantarum (1753)[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]