O Magreb,[1] identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabeMahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".
O Magreb está limitado polo mar Mediterráneo ao norte, polo océano Atlántico ao oeste, polo Golfo de Gabes ao leste e polo deserto do Sáhara ao sur. A gran cordilleira do Atlas, coas súas ramificacións separadas por planaltos con preto de 1000 metros de altitude, esténdese na súa parte occidental. É unha zona de clima mediterráneo, con precipitacións escasas, salvo en zonas montañosas viradas para a zona litoral. Aliás, sen as condicións proporcionadas polo mediterráneo (clima, agricultura, transportes) dificilmente se imaxinarían as zonas máis poboadas: Orán, Bona, Alxer e as planicies do Gharb e do Sahel.