Saltar ao contido

María Oruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Oruña
Image
(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1976 (49 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito e literatura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogada, xurista, escritora, novelista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5524550 BUSC: 981013403210807712

María Oruña Reinoso, nada en Vigo o 25 de novembro de 1976[1], é unha avogada, novelista e columnista galega que escribe en castelán e galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito, e tras exercer durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, publicou en 2013 a súa primeira novela, La mano del arquero,[2][3] sobre o acoso laboral e o abuso de autoridade.

Como xornalista colabora nunha columna no diario Faro de Vigo.[4]

En 2015, a editorial Destino (Grupo Planeta), publicou a súa primeira novela negra, Puerto escondido, que foi traducida ao catalán, alemán e francés.[5][6][7]

Image
Nunha presentación da Libraría Miranda de Bueu con Tensi Gesteira en 2021

En 2017 publicou Un lugar a donde ir.[8][9]

En 2018 publicou Donde fuimos invencibles.[10][11]

Estas tres novelas forman a serie coñecida como Los libros del Puerto Escondido, protagonizadas polo personaxe de ficción Valentina Redondo, tenente da Garda Civil, a cargo da Unidade Orgánica de Policía de Investigación Xudicial (UOPJ) de Santander.[12] A autora manifestou que o nome é en honra da escritora Dolores Redondo.[13]

O concello de Suances creou a Ruta Literaria Puerto Escondido, que percorre os principais escenarios nos que transcorren as novelas.[14]

En 2020 publicou O souto dos catro ventos que se desenvolve no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Deixou Cantabria para facer «un canto de amor a Galicia»,[15] e a diferenza das súas anteriores obras escribiu tamén unha versión galega.

En O que a marea esconde (2021) homenaxea as novelas de «cuarto pechado» e nesta historia policial a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.[16]

En O camiño do lume (2022), quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ propón unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.[17]

Image
Presentando O que a marea esconde na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con Chus Gómez Dorrego e Ledicia Costas.

Serie Los libros del Puerto Escondido

[editar | editar a fonte]

Outras novelas

[editar | editar a fonte]
  • La mano del arquero (2013).[20] Bobok P. 299 páxs. ISBN 978-8468631530.
  • El bosque de los cuatro vientos (2020). Barcelona: Destino. 424 páxs. ISBN 9788423357543.
    • En galego O souto dos catro ventos (2020). Allariz: Aira Editorial. 345 páxs. ISBN 9788412263107. A edición galega inclúe A viaxe dos nove aneis, onde a autora fala da materia prima, feita de terra e soños, de onde agromou esta novela.[21]
    • En catalán El bosc dels quatre vents (2020). Columna Edicions, 448 páxs. ISBN 9788466426596. Tradutor: Mercè Ubach Dorca, Núria Garcia Caldés
  • El albatros negro (2025). Barcelona: Plaza&Janes. 616 páxs. ISBN 9788401034794. Unha novela de misterio que se desenvolve en Vigo.[22]
  • La cámara de las maravillas (2026). Barcelona: Plaza&Janes. 400 páxs.ISBN 9788401038631. Misterio, un crime relacionado co mundo da arte en Madrid.
  1. ↑ planetaeris (25 de novembro de 2015). "Entrevista María Oruña y Feliz Cumpleaños ;)". PlanetaEris (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021.
  2. ↑ "María Oruña ambienta su nueva novela en las costas cántabras". 8 de setembro de 2015.
  3. ↑ "Asociacion gallega contra el acoso laboral - TEXTOS RECOMENDADOS". www.agacamt.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 2020-09-07.
  4. ↑ Rodríguez, Salvador (3 de xaneiro de 2020). "Antonio García Teijeiro, María Oruña, Ledicia Costas y Pedro Feijó se incorporan a un suplemento más atractivo y con más contenidos". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2024.
  5. ↑ EFE (2015-09-17). "María Oruña recupera "historias perdidas" para su novela negra en Cantabria". El Diario (en castelán). Consultado o 2020-09-07.
  6. ↑ "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07.
  7. ↑ "María Oruña nos guía por Cantabria con "Puerto Escondido"". www.ondacero.es. Consultado o 2020-09-07.
  8. ↑ "'Un lugar a donde ir', de María Oruña". El Correo (en castelán). 2017-02-16. Consultado o 2020-09-07.
  9. ↑ "María Oruña: «El 'thriller' engancha porque es una forma de tener controlado el mal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-22. Consultado o 2020-09-07.
  10. ↑ "El intenso resplandor de la teniente Redondo". www.lne.es. Consultado o 2020-09-07.
  11. ↑ "María Oruña resucita un viejo palacio para construir un relato de fantasmas en su nuevo libro 'Donde fuimos invencibles'". 17 de abril de 2018.
  12. ↑ Pertierra, Tino (9 de abril de 2018). "El intenso resplandor de la teniente Redondo". La Nueva España.
  13. ↑ "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07.
  14. ↑ Press, Europa (2016-12-14). "Suances instala paneles informativos de la ruta literaria 'Puerto Escondido'". www.europapress.es. Consultado o 2020-09-07.
  15. ↑ "María Oruña: «Quería ofrecer un suave soplo de la magia que tenemos en Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-27. Consultado o 2020-09-07.
  16. ↑ "O que a marea esconde (María Oruña)". Aira editorial. Consultado o 2025-01-18.
  17. ↑ "O camiño do lume (María Oruña)". Aira editorial. Consultado o 2025-01-18.
  18. ↑ "O que a marea esconde". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26.
  19. ↑ Quel che la marea nasconde – María Oruña - Casa editrice Ponte alle Grazie (en italiano). 2022-06-14. ISBN 978-88-3331-855-4.
  20. ↑ "La mano del arquero". www.escritores.org. Consultado o 2020-09-07.
  21. ↑ "O souto dos catro ventos". Aira Editorial. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-13.
  22. ↑ "EL ALBATROS NEGRO". María Oruña (en castelán). 2024-11-21. Consultado o 2025-01-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]