Saltar ao contido

Nihoa

Nihoa
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 Localizado na área protexida
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   0 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1,1 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1,6 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   0,7 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/032r8q Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Nihoa (tamén coñecida como Bird Island ou Moku Manu) é a máis grande das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 450 km ao noroeste de Honolulú.

Características

[editar | editar a fonte]

Nihoa é unha illa rochosa rodeada de arrecifes de coral. A superficie total é de 0,7 km². A altitude máxima é de 273 metros no Miller's Peak, o máis alto das illas de Sotavento. A orografía fai que resulte difícil desembarcar na illa. O litoral leste, norte e oeste está cheo de cantís e o sur é máis suave pero sen protección entre a resaca do océano e as rocas.

Hai dúas especies endémicas de aves. Cando en 1917 descubriuse o pinzón de Nihoa os científicos pensaron que seria a última especie de ave por clasificar e chamáronlle telespyza ultima. Non foi o caso, pero o nome quedóuselle.

Nihoa foi habitada polos antigos hawaianos entre os anos 1000 e 1500. As expedicións arqueolóxicas identificaron 35 casas, 15 refuxios, 15 altares e 28 bancais agrícolas. Pero estaba deshabitada cando foi descuberta, en 1789 con poucas semanas de diferenza, por dous mercantes de peles de Alasca: os capitáns ingleses James Colnett do Prince of Wales e William Douglas da Iphigenia Nubiana.

O 1822 a raíña Ka'ahumanu visitou Niihau e explicáronlle as historias tradicionais sobre unha illa denominada Nihoa. Organizou unha expedición, visitou a illa e anexionouna ao Reino de Hawai.