Saltar ao contido

Obaysch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Image
Multitudes miran namentres Obaysch descansa no Zoolóxico de Londres nesta fotografía de 1852 tomada por Xoán, conde de Montizón.
Image
Portada da Polca do hipopótamo.
Image
Adhela e Guy Fawkes.

Obaysch, nado arredor de 1849 e finado o 11 de marzo de 1878, foi o primeiro hipopótamo visto en Gran Bretaña dende tempos prehistóricos, e o primeiro en Europa dende a Antiga Roma.

Obaysch foi capturado nunha illa no Nilo Branco cando tiña menos dun ano. O seu nome deriva do nome da illa.[1]

O vicerrei otomán de Exipto, Abbas Paxá, estivo de acordo co cónsul xeral británico, Charles Murray (máis tarde coñecido como "Hippopotamus Murray") para intercambiar a Obaysch e algúns outros animais exóticos por algúns galgos ingleses e deerhounds. Obaysch foi enviado en barco polo Nilo ao Cairo, acompañado por un rabaño de vacas para proporcionarlle leite. Foi enviado por P&O nun barco de vapor a Southampton, e chegou ao Zoolóxico de Londres o 25 de maio de 1850. Foi unha sensación instantánea en Londres, atraendo até 10 000 visitantes cada día, e xerando un comercio de lembranzas de hipopótamos e mesmo unha Polca do hipopótamo (por L. St. Mars[2]). O número de visitantes ao zoolóxico en 1850 foi o dobre que o ano anterior.[3]

Abbas Paxá enviou un segundo hipopótamo a Londres, unha femia chamada Adhela que chegou o 22 de xullo de 1854.

Unha vez, Obaysch escapou do cativerio no zoolóxico de Londres e, segundo a lenda, utilizouse un coidador como cebo para atraelo ao seu recinto.[1]

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Despois dunha espera de máis de 16 anos, a parella finalmente tivo descendencia en 1871, pero a cría morreu dous días despois. Unha segunda cría tamén morreu ao ano seguinte, pero a terceira, nada o 5 de novembro de 1872, sobreviviu. Era unha femia que foi chamada Guy Fawkes. Adhela sobreviviu a Obaysch durante 4 anos, morrendo o 16 de decembro de 1882. Guy Fawkes morreu o 20 de marzo de 1908.[4]

  1. 1 2 Simons, John (2019). Obaysch: a hippopotamus in Victorian London. Sydney: Sydney University Press. ISBN 9781743325865. OCLC 1052585465.
  2. ↑ St. Mars, L. (n.d.). "The Hippopotamus Polka". Levy Music Collection.
  3. ↑ "Famous Animals at the Zoological Society of London". Arquivado dende o orixinal o 07-11-2008. Consultado o 28-07-2006.
  4. ↑ "Obaysch". Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 16-12-2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Root, N.J. (febreiro de 1993). "Victorian England's Hippomania". Natural History 102 (2). ISSN 0028-0712. 
  • "Traveller from Egypt" (PDF). Bulletins (The Association for the Study of Travel in Egypt and the Near East) (21): 21. 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021.