Saltar ao contido

One Tree Hill (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

One Tree Hill
 Título
   Image One Tree Hill (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Discografía
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Compositor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
23 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
4 de abril de 2012 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   187 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   9 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   41 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF181599989 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03y317 Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0368530 Filmaffinity: 698577 Allocine: 177 Rottentomatoes: tv/one-tree-hill Allmovie: v295841 Metacritic: tv/one-tree-hill TV.com: shows/one-tree-hill
Facebook: OneTreeHill Netlix: 70155592 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

One Tree Hill é unha serie creada por Mark Schwahn que se emitiu por primeira vez en setembro de 2003 no canal americano WB Television Network. Narrada en ton dramático, conta a vida de 5 adolescentes na localidade de Tree Hill (EEUU).

Na sétima, a emitir a partir de setembro de 2009, non participaron Chad Michael Murray e Hilarie Burton, dous dos actores principais.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Lucas Scott (interpretado por Chad Michael Murray). Lucas e medio irmán de Nathan (o pai de Nathan saíu no instituto coa súa nai, pero o quedar esta embarazada abandonouna por outra muller, coa que logo tivo a Nathan) e mellor amigo de Haley. É un adolescente sensible e apaixonado pola literatura e o baloncesto.

Nathan Scott (interpretado por James Lafferty). Medio irmán de Lucas, comeza a serie sendo un adolescente arrogante, pero a súa dificultosa relación familiar e o amor fano ser un dos personaxes que máis evoluciona o longo da serie. Ó comezo da primeira temporada sae con Peyton.

Haley James-Scott(interpretada por Bettany Joy Galeotti). Mellor amiga de Lucas, gran estudante e apaixonada da música. Participa no programa de titorías do instituto de Tree Hill, a través do cal establecerá relación con Nathan.

Brooke Davies(interpretada por Sophia Bush). Mellor amiga de Haley e capitá do equipo de animadoras do instituto de Tree Hill. Atraída por Lucas dende que este ingresa no equipo de baloncesto, acostumada a consegui-lo que quere, proponse conseguir a Lucas.

Peyton Sawyer(interpretada por Hilarie Burton). Mellor amiga de Brooke e moza de Nathan o comezo da primeira temporada, atopará o amor a primeira vista en Lucas, pero todo será moi complicado. Animadora, debuxante e apaixonada da música.

Outros personaxes

[editar | editar a fonte]

Dan Scott (interpretado por Paul Johansson. Pai de Lucas e de Nathan. De novo foi un importante xogador de baloncesto, pero viuse apartado do xogo por unha lesión. Tratará de conseguir que o seu fillo Nathan persiga este soño que el non puido conseguir, mentres que ignora e despreza a Lucas.

Deb Scott (interpretada por Barbara Alyn Woods). Nai de Nathan e muller de Dan.