Pío Carrasco Iglesias
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1871 valor descoñecido |
| Morte | 2 de marzo de 1932 Vilagarcía de Arousa |
| 1 de outubro de 1923 – 29 de xaneiro de 1924 ← Enrique Rodríguez Lafuente – Enrique Rodríguez Lafuente → | |
| Actividade | |
| Ocupación | armador, político |
| Familia | |
| Fillos | Dámaso Carrasco Duaso |
Pío S. Carrasco Iglesias, nado en 1871 e finado en Vilagarcía de Arousa o 2 de marzo de 1932, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1894 fundou no Carril unha empresa como armador de buques. Finalmente a empresa dedicouse a consignataria co nome Pío S. Carrasco Corredor e intérprete de buques. Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa e na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde o 1 de outubro de 1923, permanecendo no posto ata o 29 de xaneiro de 1924. Finou en en Vilagarcía de Arousa o 2 de marzo de 1932.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Pío, José, Elena, Julia e Dámaso Carrasco Duaso. Pío e Damaso incorporáronse ao negocio familiar a finais dos anos vinte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 4-3-1932, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Enrique Rodríguez Lafuente |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1923 - 1924 |
Sucesor: Enrique Rodríguez Lafuente |