Saltar ao contido

Paramahansa Yogananda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaParamahansa Yogananda
Image
(1946) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mukunda Lal Ghosh Editar o valor en Wikidata
5 de xaneiro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Gorakhpur Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1952 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenfarte agudo do miocárdio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Scottish Church College (en) Traducir
Senate of Serampore College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, iogui, escritor, autobiógrafo, predicador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Image Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4578764 Discogs: 793360 WikiTree: Ghosh-44 Find a Grave: 2074 Editar o valor en Wikidata

Paramahansa Yogananda ou Paramhansa Yogananda, nado como Mukunda Lal Ghosh en Gorakhpur o 5 de xaneiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 7 de marzo de 1952 foi un monxe, iogui e gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga mediante a súa organización Self-Realization Fellowship (SRF) / Yogoda Satsanga Society (YSS) of India. Discípulo do gurú iogui bengalí Swami Sri Yukteswar Giri, foi enviado pola súa estirpe para expandir as ensinanzas do ioga a occidente, a probar a unidade entre as relixións occidentais e orientais e a predicar un equilibrio entre o crecemento material occidental e a espiritualidade india.[1] A súa longa influencia no movemento do ioga estadounidense e especialmente na cultura do ioga dos Ánxeles, levouno a ser considerado polos expertos en ioga como o "pai do ioga en occidente".[2][3]

Yogananda foi o primeiro mestre indio importante que se estableceu nos Estados Unidos, e o primeiro indio prominente recibido na Casa Branca (polo presidente Calvin Coolidge en 1927);[4] a súa aclamación temperá levouno a ser denominado "o primeiro gurú superestrela do século XX" por Los Angeles Times.[5] Chegou a Boston en 1920 e embarcouse nunha xira de charlas transcontinentais de éxito antes de establecerse nos Ánxeles en 1925. Nas seguintes dúas décadas e media, gañou fama local ademais de expandir a súa influencia en todo o mundo: creou unha orde monástica, continuou a facer xiras de ensinanzas, comprou propiedades para a súa organización en varios lugares de California e iniciou moita xente no Kriya Yoga.[3] En 1952, SRF tiña máis de cen centros na India e nos Estados Unidos e na actualidade teñen grupos en case todas a grandes cidades estadounidenses.[5] Os seus principios de "vida simple e alto pensamento" atraeron xente de todas as orixes entre os seus seguidores.[3]

Publicou o libro Autobiography of a Yogi en 1946 con éxito de crítica e público; dende a súa primeira edición vendeu máis de catro millóns de exemplares, e Harper San Francisco listouno como un dos "100 mellores libros espirituais do século XX".[5][6] O CEO de Apple Steve Jobs encargou cincocentas copias do libro para o seu propio memorial, de xeito que cada asistente recibise un exemplar.[7] O libro continuou a ser reimpreso regularmente e é coñecido como "o libro que cambiou a vida de millóns".[8][9] En 2014 estreouse o documental Awake: The Life of Yogananda que gañou múltiples premios en festivais de cinema de todo o mundo.

Ensinanzas

[editar | editar a fonte]

Yogananda comezou na India en 1917 o seu traballo vital coa fundación dunha escola de "como vivir" para rapaces, en que os métodos modernos educativos se combinaban co adestramento no ioga e a instrución en ideas espirituais. En 1920 foi convidado a servir como delegado da India nun congreso internacional de relixiosos celebrado en Bosto. O seu relatorio no congreso, sobre "A ciencia da relixión" foi recibido con estusiasmo.

En 1920 fundou a Compañía da Autorrealización (Self-Realization Fellowship) e en 1925 estableceu nos Ánxeles a súa sede internacional.[10][11][12]

Yogananda escribiu Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You e God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita para revelar o que el afirmaba que era a harmonía completa e a unión básica do cristianismo orixinal que ensinou Xesucristo e o ioga orixinal que ensinou Bhagavan Krishna e para indicar que eses principios de verdade son a fundación científica común de todas as relixións verdadeiras.[13]

  1. ↑ Autobiography of a Yogi, 1997 Anniversary Edition. Self-Realization Fellowship (Founded by Yogananda) yogananda.org
  2. ↑ Wadhwa, Hitendra (21 de xuño de 2015). "Steve Jobs's Secret to Greatness: Yogananda". Inc.com. Consultado o 8 de outubro de 2019.
  3. 1 2 3 Meares, Hadley (9 de agosto de 2013). "From Hip Hotel to Holy Home: The Self-Realization Fellowship on Mount Washington". KCET (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
  4. ↑ Chidan; xuño de 19, Rajghatta | TNN | Updated:; 2019; Ist, 12:01. "In America and across the world, India reclaims its yoga heritage - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
  5. 1 2 3 Goldberg, Philip (7 de marzo de 2012). "The Yogi Of The Autobiography: A Tribute To Yogananda". HuffPost (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019.
  6. ↑ "HarperSanFrancisco, edited by Philip Zaleski 100 Best Spiritual Books of the 20th Century".
  7. ↑ Segall, Laurie (10 de setembro de 2013). "Steve Jobs' last gift". CNNMoney. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2019.
  8. ↑ Goldberg, Philip (2018). The Life of Yogananda. Hay House, Inc. ISBN 978-1-4019-5218-1
  9. ↑ Bowden, Henry Warner (1993). Dictionary of American Religious Biography. Greenwood Press. ISBN 0-313-27825-3. p. 629.
  10. ↑ Melton, J. Gordon, Martin Baumann (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices. ABC-CLIO. ISBN 9781598842043.
  11. ↑ Yogananda, Paramahansa (2004). The Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You p.1566. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-555-7.
  12. ↑ Kress, Michael (2001). Publishers Weekly: Meditation is the message. Nova York: Cahners Business Information, a division of Reed Elsevier, Inc.
  13. ↑ Watanabe, Teresa (12 de novembro de 2004). "A Hindu's Perspective on Christ and Christianity". Los Angeles Times (Os Ánxeles).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]