Saltar ao contido

Pepe Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepe Barro
Image
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Pontedeume Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador gráfico, escritor, ilustrador Editar o valor en Wikidata

Twitter: BarroDesign Youtube: UCOHlKTT-OqrBZIXP9ZQg_-g BNE: XX1111116 BUSC: 981013405015707712 Dialnet: 2690441 Editar o valor en Wikidata

Xosé María Pérez Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Image
Cartaz deseñado por Pepe Barro para o Día Nacional de Galicia de 1978.[2]
Image
Pepe Barro deseñou a placa coa bandeira de Galicia colocada na tumba de Manuel Murguía polo centenario da súa morte en 2023.

Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985)[3] ou desde Barro Deseño (2013)[4] leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004 e Nós Diario.[5] No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX.[6] Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013)[7], ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)[8]

En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia[9]; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala[10], Galicia 100, obxectos para contar unha cultura[11]. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane[12], os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE.[13] Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.[14]

En 2026 inaugurou na Fundación Didac, en Compostela, 'O arquivo de Barro', unha exposición que reflictía a importancia e singularidade do seu legado creativo após máis de 50 anos de deseño gráfico.[15]

Deseñou o Museo Ramón Cabanillas de Cambados inaugurado en 2021.[16]

É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).[17]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados.[18]
  • Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual[19]".
  • Premio da Crítica Galega en 1983.[20]
  • Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984.[21]
  • Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000.[22]
  • Premio AEPD en 2006.[5]
  • Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.
  • Premio da Cultura Galega 2024.[23]
  1. ↑ "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018.
  2. ↑ "Feliz Día da Patria con este cartaz deseñado por min hai 44 anos". Twitter. 25 de xullo de 2022.
  3. ↑ "Barro, Salgado, Santana (Grupo Revisión Deseño)". gruporevision.net. Arquivado dende o orixinal o 24/01/2021. Consultado o 20/12/2018.
  4. ↑ "Barro Deseño". pepebarro.gal. Consultado o 20/12/2018.
  5. 1 2 "feet 2010" (PDF). xunta.gal. Consultado o 20/12/2018.
  6. ↑ "Pepe Barro". didac.gal. Consultado o 20/12/2018.
  7. ↑ "A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio". rosalia.gal. Consultado o 20/12/2018.
  8. ↑ "Casa museo Manuel Antonio". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
  9. ↑ "Con-Fío en Galicia". confioengalicia.gal. Consultado o 20/12/2018.
  10. ↑ "Saúde e terra, irmá(n)s" (PDF). academia.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/03/2021. Consultado o 20/12/2018.
  11. ↑ "«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en A Coruña". afundacion.org. Consultado o 20/12/2018.
  12. ↑ Pepe Barro, creador de la caja de huevo campero Pazo de Vilane (You Tube). 20/12/2018.
  13. ↑ "Entrevista a Pepe Barro". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
  14. ↑ Ilustracións de Pepe Barro para 'Cantares gallegos' (You Tube). 20/12/2018.
  15. ↑ Rois, Susana (2026-01-16). "Pepe Barro brinda ao público o seu arquivo persoal após medio século de deseño gráfico". Nós Diario. Consultado o 2026-01-17.
  16. ↑ Deseño, DAG-Asociación Galega de. "Pepe Barro deseña o novo Museo Ramón Cabanillas de Cambados". dag.gal. Consultado o 2021-07-12.
  17. ↑ "Socios". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
  18. ↑ "O como é o que conta. O libro achega un feixe de artigosde Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura.". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
  19. ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018.
  20. ↑ "Pepe Barro". premiosdacriticagalicia.org. Arquivado dende o orixinal o 28/01/2021. Consultado o 20/12/2018.
  21. ↑ "Pepe Barro". escolarte.com. Arquivado dende o orixinal o 12/08/2020. Consultado o 20/12/2018.
  22. ↑ "As tres Rosalías de Pepe Barro na EASD Antonio Faílde". dag.gal. Consultado o 20/12/2018.
  23. ↑ Galicia, Xunta de (2024-11-10). "Os Premios da Cultura Galega 2024 recaen en Manuel Lourenzo, Xosé María Pérez Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo". Xunta de Galicia. Consultado o 2024-10-12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]