Saltar ao contido

Pobo apache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo apache
Imaxe
Membros dunha tribo apache.
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Características
 Lingua usada
Cifras e dimensións
 Poboación
   111.810 Editar o valor en Wikidata
Arizona, Novo México e Oklahoma (USA)56 060
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01_5cg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os apaches[1] son un pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos) e Sonora (México). A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee (ou n’dee, n’nee ou ndé[2] -"a xente"-). Para se comunicaren entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.

A súa sociedade baseábase na pesca, na caza e na agricultura, convivindo en pequenos grupos familiares, de carácter matriarcal, ao igual que os síux e os cheyenne.

Cando chegaron os españois, os apaches habitaban o suroeste dos Estados Unidos, debido a unha migración anterior de cincocentos anos orixinaria do Canadá. Era unha tribo poderosa e guerreira, en loita continua cos brancos. A rendición da tribo tivo lugar en 1886, cando os chiricahuas foron enviados a Florida e Alabama, onde estiveron baixo confinamento militar.

No ano 1900, vivían uns 17.000 apaches en liberdade. O seu xefe máis coñecido foi Gerónimo (16 de xuño de 1829 – 17 de febreiro de 1909), Gokhlayeh na súa lingua, que significa "O Que Bocexa". Gerónimo fora elixido por Taza, fillo doutro xefe indíxena apache, Cochise, que morrera con 62 anos. Outro líder apache relevante foi Mangas Coloradas.[3]

Actualmente o pobo apache vive en reservas de Arizona, Novo México e Oklahoma, nun número aproximado de 6.000 individuos. Un pequeno número de apaches, dúas decenas, subsisten na fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Coahuila. Este pequeno grupos de apaches son os coñecidos como os mescaleros.

Image
Nación Apache.
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apache.
  2. ↑ Instituto Nacional de Lenguas Indígenas. "Conversatorio “Historia de la lengua y cultura n’dee/n’nee/ndé; hacia el registro en el Catalogo de las Lenguas Indígenas Nacionales (CLIN)”". contigoenladistancia.cultura.gob.mx (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2022. Consultado o 21 de setembro de 2026.
  3. ↑ "The Chiricahua Apaches". desertusa.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]