Saltar ao contido

Riel camboxano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Riel camboxano
Imaxe
 Instancia de
Características
 Símbolo da unidade
៛ (mul) Editar o valor en Wikidata
 Símbolo de divisa
Implicados
 Banco central emisor
Datas
 Data de comezo
1 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Cifras e dimensións
 Prezo
   0,00020654 € (2020) Editar o valor en Wikidata
 Conversión unidade estándar
   0,00071434133 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03_m0v Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O riel camboxano (khmer: រៀល) ou simplemente riel é a unidade monetaria de Camboxa, dividida en 100 sen (សេន).[1][2][3][4] O seu código ISO 4217 é KHR e o seu símbolo monetario ៛.[5][6]

O riel estableceuse en 1953 e, logo do período 1975-1980, en que Camboxa careceu de moeda, en 1980 retomouse como unidade monetaria do país.[4][7]

O seu nome deriva do "real" español da ceca de México, que pola fineza da súa aliaxe circulou amplamente entre os comerciantes malaios, indios e chineses durante o século XIX.[7]

Primeiro riel (1953-1975)

[editar | editar a fonte]
Image
50 sen (1/2 riel) de 1959 [8]

Na época da colonización francesa, Camboxa utilizaba a piastra da Indochina Francesa, que foi substituída polo riel en termos paritarios (1 riel = 1 piastra).

En 1953, a delegación camboxana do Institut d'Émission des États du Cambodge, du Laos et du Vietnam emitiu unha serie de moedas con dobre denominación en piastras e rieis, cun valor á par, e as outras dúas delegacións fixeron o propio co dong de Vietnam do Sur e co kip de Laos.[4]

Inicialmente, estes rieis dividíanse en 100 céntimos (centimes) mais en 1959 cambiou a moeda fraccionaria e pasou a dividirse en 100 sen.[9]

A primeira emisión de billetes foi a de 1955-1956, composta polos valores de 1, 5, 10 e 50 rieis. A partir de aí sucedéronse varias series de billetes ata 1973, con valores que chegaron ata os 5.000 rieis.[10][11]

Canto ás moedas, en 1953 emitiuse unha primeira serie de 10, 20 e 50 céntimos (cents.) en aluminio, co mesmo tamaño que as correspondentes en att e en xu, as moedas divisionarias de Laos e de Vietnam do Sur. En 1959 volveuse cuñar a moeda de medio riel, xa co valor de 50 sen, en lugar de 50 cents.[9] Finalmente, en 1970 emitiuse a moeda dun riel, cuñada en cuproníquel, como parte do programa de emisión de moedas da FAO, aínda que esta moeda non chegou a entrar en circulación, por mor do derrocamento do Goberno de Norodom Sihanouk por Lon Nol.[12] Na época dos Khmer Vermellos, durante o Goberno de Pol Pot entre 1975 e 1979, a circulación monetaria e o sistema de bancos foron abolidos. No entanto, en 1975 chegou a producirse a impresión dunha serie de billetes (de 0,1 rieis a 100 rieis), aínda que non chegaron a pórse en circulación por mor de tal abolición.[7][13]

En 1979, o réxime que, apoiado polos vietnamitas, derrocou a Pol Pot emitiu unha derradeira serie deste primeiro riel, con valores de entre 5 e 500 rieis.[14]

Segundo riel (desde 1980)

[editar | editar a fonte]

Logo da invasión vietnamita de 1978, a República Popular de Kampuchea (1979-1992) viuse na necesidade de restaurar a moeda. Nos primeiros meses de existencia do novo réxime utilizáronse o dong survietnamita e o baht tailandés, ata que o 1 de abril de 1980 se restableceu o riel como a unidade monetaria oficial de Camboxa, dividido en 10 kak ou 100 sen e, inicialmente, coa paridade de 4 rieis = 1 dólar.[7][11] Como non había unha moeda para substituír e tendo en conta que o sistema económico quedara seriamente danado polo réxime dos Khmer Vermellos, o Goberno central decidiu repartir a nova moeda entre a poboación para estimular o seu uso.[4]

A primeira moeda cuñada foi a de 5 sen de aluminio, en 1979.[15] Ata 1994 non se produciron novas cuñaxes e nese ano emitiuse unha serie de 50, 100, 200 e 500 rieis que, malia seguiren en circulación, teñen unha presenza escasa na circulación.[16][17][18]

Imaxe Facial Ano Diámetro Peso Espesor Aliaxe Canto Anverso Reverso
Anverso Reverso
Image Image 50 rieis

[19]

1994 15,9 mm 1,6 g 1,0 mm Ace. Liso Valor.

Data budista e gregoriana.

Monumento á independencia, Phnom Penh
Image Image 100 rieis

[20]

17,9 mm 2,0 g 1,1 mm Angkor Wat
Image Image 200 rieis

[21]

19,9 mm 2,4 g 1,1 mm Cuncas cerimoniais.

Símbolo om

Image Image 500 rieis

[22]

25,8 mm 6,5 g 2,0 mm Ace./Ae Estriado descontinuo Escudo real de Camboxa

Estes son os billetes en circulación en Camboxa, do sistema do riel:[23]

Imaxe Facial Data Dimensións (mm) Motivos principais
Anverso Reverso Anverso Reverso
Ficheiro:Cambodia 2002 50r obverse.jpg Image 50 rieis

[24]

2002 130 x 60 Templo de Preah Vihear Encoro
Image Image 100 rieis

[25]

2001 130 x 60 Monumento á independencia, Phnom Penh Escola
2014 138 x 64 Norodom Sihanouk Pagode de prata, Phnom Penh
Image Image 500 rieis

[26]

2002

2004

2014

138 x 64 Angkor Wat Ponte Kizuna
Image 2014 Norodom Sihamoni Pontes
Image Ficheiro:1000 riel 2005 reverse.jpg 1.000 rieis

[27]

2005

2007

2014

138 x 64 Porta do Sur, Bayon Porto de Sihanoukville
2012 148 x 68 Norodom Sihanouk Barca co corpo de Sihanouk
Image Image 2016 146 x 68 Norodom Sihanouk Kinnari (medio humano, medio ave)
Image Image 2.000 rieis

[28]

2007

2015

146 x 68 Templo Prasat Preah Cultivo do arroz
2013 155 x 72 Norodom Sihanouk Norodom Sihanouk con dous soldados
Image 5.000 rieis

[29]

2001

2002

2004

2007

146 x 68 Norodom Sihanouk Ponte Spean Praptos
Image Image 2015 146 x 68 Norodom Sihanouk Ponte Spean Praptos
Image 10.000 rieis

[30]

2001

2005

2006

146 x 68 Norodom Sihanouk Peirao de Sisowath
Image 2015 146 x 68 Norodom Sihamoni Templo budista de Neak Pean
Image 15.000 rieis

[31][32]

2019 Norodom Sihamoni Coroación de Norodom Sihamoni
Image 20.000 rieis

[33]

2008 155 x 72 Norodom Sihamoni Angkor Wat e Avalokiteshvara
Image Image 2017 155 x 72 Norodom Sihamoni Templo de Banteay Srei
Image 50.000 rieis

[34]

2001 150 x 70 Norodom Sihanouk Angkor Wat
2013 155 x 72 Norodom Sihanouk Ruínas de templo. Cría de elefante
100.000

rieis

[35]

2012 170 x 77 Norodom Sihanouk e Norodom Monineath Familia real

Uso doutras divisas

[editar | editar a fonte]

Nas zonas rurais, o riel utilízase para practicamente todas as compras cotiás; no entanto, o dólar estadounidense tamén se utiliza, sinaladamente nas áreas máis urbanas e nas zonas turísticas. En Battambang e noutras zonas próximas á fronteira tailandesa, como Pailin, tamén se acepta o baht tailandés.[4]

A dolarización comezou na década de 1980 e continou nos comezos da década seguinte, cando as Nacións Unidas contribuíron con axuda humanitaria, os refuxiados comezaron a enviar remesas e a inflación alcanzou o 177 %, coa conseguinte erosión da confianza no riel.[16][36]

  1. ↑ "Riel". En Digalego. Dicionario de galego (Digalego.gal)
  2. ↑ "Riel". En Dicionário Estraviz (Estraviz.org)
  3. ↑ "Riel". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  4. 1 2 3 4 5 "A Brief History of Cambodian Currency". Khmerisation.wordpress.com
  5. ↑ "World Currency Symbols". Xe.com
  6. ↑ "Códigos de divisas por países". Iban.com
  7. 1 2 3 4 Filippi, J-M. (2012). "The strange adventure of the Cambodian currency". En Phenom Penh Post. 16 de marzo.
  8. ↑ "50 Sen - Norodom Suramarit". Numista.com
  9. 1 2 "Cambodia: First riel (1953-1975)". Numista.com
  10. ↑ "Cambodia: Banque Nationale du Cambodge". Banknote.ws
  11. 1 2 "Previously Used Banknotes Arquivado 21 de abril de 2021 en Wayback Machine.". National Bank of Cambodia.
  12. ↑ "1 Riel (FAO - Khmer Republic)". Numista.com< /ref> [[Ficheiro:Cambodge_500_riels.jpg|miniatura|500 rieis emitidos entre 1958 e 1979. <ref>"1 Riel". Banknote.ws
  13. ↑ "Cambodia: Bank of Kampuchea. 1979 issue". Banknote.ws
  14. ↑ "Cambodia: State Bank of Democratic Kampuchea. 1979 issue". Banknote.ws
  15. ↑ "Previously use Coins: 5 Cents Arquivado 26 de novembro de 2016 en Wayback Machine.". National Bank of Cambodia.
  16. 1 2 "Cambodia's riel survives alongside the dollar". BBC News. 20 de marzo de 2011.
  17. ↑ "Cambodia • Second riel (1979-date)". Numista.com
  18. ↑ "Coins in Circulation Arquivado 21 de abril de 2021 en Wayback Machine.". National Bank of Cambodia.
  19. ↑ "50 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  20. ↑ "100 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  21. ↑ "200 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  22. ↑ "500 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  23. ↑ "Banknotes in Circulation Arquivado 01 de abril de 2015 en Wayback Machine.". National Bank of Cambodia.
  24. ↑ "50 Riels 2002". Banknote.ws
  25. ↑ "100 Riels 2001" e "100 Riels 2014". Banknote.ws
  26. ↑ "500 Riels 2002-2014" e "500 Riels 2014". Banknote.ws
  27. ↑ "1000 Riels 2005-2014", "1000 Riels 2012" e "1000 Riels 2016". Banknote.ws
  28. ↑ "2000 Riels 2007 & 2015" e "2000 Riels 2013". Banknote.ws
  29. ↑ "5000 Riels 2001-2007" e "5000 Riels 2015". Banknote.ws
  30. ↑ "10.000 Riels 2001-2006" e "10.000 Riels 2015". Banknote.ws
  31. ↑ "15.000 Riels 2019". Banknote.ws
  32. ↑ "New note to mark King’s coronation Arquivado 11 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En The Phnom Penh Post. 7 de outubro de 2019.
  33. ↑ "20.000 Riels 2008" e "20.000 Riels 2017". Banknote.ws
  34. ↑ "50.000 Riels 2001" e "50.000 Riels 2013". Banknote.ws
  35. ↑ "100.000 Riels 2012". Banknote.ws
  36. ↑ de Zamaroczy, Mario (2003). "Economic Policy in a Highly Dollarized Economy". IMF (219): 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]