Salvador Espriu
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Salvador Espriu i Castelló, nado en Santa Coloma de Farners o 10 de xullo de 1913 e finado en Barcelona o 22 de febreiro de 1985, foi un poeta, dramaturgo e novelista catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A produción literaria de Espriu é extensa pero hai que destacar os libros de poemas El cementiri de Sinera, El caminant i el mur e La pell de brau, probabelmente a súa obra máis coñecida, en que desenvolve a visión da problemática histórica, moral e social de España. Está considerado un dos renovadores, xunto con Josep Pla e Josep Maria de Sagarra, da prosa catalá de fórmulas novecentistas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galicitas posúe citas sobre: Salvador Espriu |