Samoxicia ou Samoxitia (en samoxiciano: Žemaitėjė, en lituanoŽemaitija;, en latínCapitanatus Samogitiae) é unha rexión etnohistórica correspondente á maior parte do occidente da actual Lituania, á beira do Mar Báltico, tendo por lindes: ao sur o río Neman que a separa da Borusia (actualmente Provincia de Caliningrado), ao norte o río Venta que a separa da Curlandia, mentres que os lindes orientais co resto da Lituania nunca foron totalmente definidos.
Segundo os documentos oficiais do actual estado lituano a Samoxicia ten unha área de 21.000 km² e unha poboación que rolda os 300.000 habitantes. A cidade considerada capital cultural é Telšē, sendo a antiga capital do Ducado de Samoxicia (Žemaičių seniūnija en lituano) a pequena cidade chamada antigamente Medininkai e hoxe Varniai.