Saltar ao contido

TOPEX/Poseidon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TOPEX/Poseidon
Imaxe
 Instancia de
Características
 Plataforma de satélite
Datas
 Lanzamento
10 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Fontes e ligazóns
Freebase/m/055jm5 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

TOPEX/Poseidon é un satélite artificial colaboración da NASA e do CNES francés lanzado nun foguete Ariane 42P desde o Centro Espacial de Kourou o 10 de agosto de 1992.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de TOPEX/Poseid foi estudar varios aspectos dos océanos terrestres, como o seu nivel, altura e correntes mariñas. Levaba a bordo dous altímetros por radar para facer medicións precisas e outros instrumentos. O satélite estabilizábase nos tres eixos e a enerxía era proporcionada por un panel solar capaz de producir ata 2100 vatios de potencia que alimentaban un conxunto de tres baterías cunha capacidade de 50 amperio-hora cada unha. As comunicacións tiñan lugar grazas a unha antena de alta ganancia de 1,2 m de longo. O satélite foi posto fóra de servizo en xaneiro de 2006, pero a súa misión foi continuada por Jason 1.[2][3][4]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

TOPEX/Poseidon levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][3][4]

  • Altímetro de dúas frecuencias (nas bandas C e Ku) para medir a altura do satélite respecto da superficie do mar.
  • Radiómetro de microondas TOPEX (TMR) para medir a cantidade de vapor de auga na liña de visión do radar para corrixir os atrasos no pulso de radar e mellorar a precisión das medidas de altura.
  • Altímetro de estado sólido dunha soa frecuencia (SSALT), funcionando a 13,65 GHz (banda Ku) para medir a altura sobre o nivel do mar, a velocidade do vento e a altura das ondas.
  • Reflector láser para facer seguimento do satélite desde terra e calibrar os altímetros.
  • Un receptor GPS para determinar a órbita con precisión.
  • O posicionador por radio e dopler DORIS para seguimento do satélite, medicións do campo gravitatorio e correccións ionosférica para o instrumento SSALT.
  1. ↑ "Note verbale dated 1 February 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-250293(E)). 18 de febreiro de 1993: 6. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 3 NASA (21 de marzo de 2017). "Topex/Poseidon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "TOPEX-Poseidon" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
  4. 1 2 3 Mark Wade (2011). "Topex/Poseidon" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]