Vaca Films
Aparencia
Vaca Films é unha produtora cinematográfica e audiovisual galega con sede na Coruña. Foi fundada en 2003 por Emma Lustres e Borja Pena e está especializada na produción de longametraxes e series de ficción.
Entre as súas películas máis destacadas figuran Celda 211 (2009), dirixida por Daniel Monzón e gañadora de oito premios Goya; Cien años de perdón (2016), de Daniel Calparsoro; e Quien a hierro mata (2019), de Paco Plaza.
A compañía tamén produce series de televisión e contidos para plataformas dixitais. Neste ámbito destacan El desorden que dejas (2020) e Clanes (2024), distribuídas por Netflix.