Aquilino Parapar Franco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1895 Viveiro |
| Morte | 7 de marzo de 1938 A Coruña |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
| Membro de | |
Aquilino Parapar Franco, nado en Viveiro e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da CNT, era membro do Sindicato de Industria Pesquera e foi directivo de El Despertar Marítimo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no campo de Aragón o 7 de marzo de 1938 con xunto con José Feito García, Lino Carrión, Luis Ardao López, Alfonso Castrillo López e Andrés Pérez Adega.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 8-3-1938, p. 2.