Saltar ao contido

Confederación Española de Derechas Autónomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CEDA»)
 Confederación Española de Derechas Autónomas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Nome oficial
Confederación Española de Derechas Autónomas. (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Posición política
 Relixión
Implicados
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
4 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
19 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Image Falange Española Tradicionalista y de las JONS (19 de abril de 1937 - 1977) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF153767952 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02m0k1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 97588 BNE: XX103909
Wikidata C:Commons

A Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA, en galego: Confederación Española de Dereitas Autónomas) foi unha coalición de partidos de dereitas que se formou o 5 de marzo de 1933 en España a partir dun congreso no que apareceron representantes do partido Acción Popular e de Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía[1] e posteriormente agruparía a outros máis.

Entre os fundadores, destacan José María Gil Robles e Ángel Herrera Oria. Contaba con case 500.000 afiliados.

A CEDA era un partido de ideoloxía clerical conservadora e partidaria dun Estado corporativo; aínda que aceptaba a república como forma de goberno, as Juventudes de Acción Popular (JAP) tiñan claras influencias do fascismo italiano.

Nas eleccións de novembro de 1933 converteuse na primeira forza do parlamento e entra no goberno con tres ministros en outubro de 1934. Tralo alzamento franquista, gran parte dos militantes da organización danlles apoio aos sublevados, pero Francisco Franco disólvea en abril de 1937.

En Galicia a CEDA formábaa a Unión Regional de Derechas, dirixida por Gil Casares.

  1. Ruiz (1990), p. 34

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ruiz Manjón-Cabeza, Octavio (1990). Historia general de España y América. XVII (La segunda república y la guerra). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2115-0.