Economía de Mongolia
| Economía de Mongolia | |
|---|---|
| Moeda | Tögrög |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Banco Asiático de Desenvolvemento, FMI, Banco Mundial |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 15,44 mil millóns (2012) |
| Posición do PIB | 141ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 12,3% (2012) |
| PIB per cápita | 5 500 (2012) |
| PIB por sector | agricultura 14%, industria 29,9%, servizos 56,1% |
| Inflación | 14,2% (2012) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 1.037.000 (2011) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 33%, industria 10,6%, servizos 56,4% (2011) |
| Desemprego | 9% (2011) |
| Industrias | construción civil e materiais de construción, minería (carbón, cobre, molibdeno, fluorita, estaño, tungsteno, ouro), petróleo, alimentos e bebidas, procesamento de produtos animais, manufactura de la de caxemira e fibras naturais, electricidade, gas natural |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 4 385 millóns (2012) |
| Produtos de exportación | cobre, roupas, animais vivos, produtos animais, la de caxemira, la, peles, fluorita, outros minerais non-ferrosos, carbón, petróleo cru |
| Principais mercados | República Popular da China 88,9%, Canadá 4,1% (2012) |
| Importacións | 6 739 millóns (2012) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, combustibles, automóbiles, alimentos, bens de consumo industriais, produtos químicos, materiais de construción, cigarros e tabaco, roupas, xabón e deterxente |
| Principais mercados | República Popular da China 37,6%, Rusia 25,7%, Estados Unidos 9,4%, Corea do Sur 6,1%, Xapón 4,9% (2012) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 3 423 millóns (2012) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Mongolia está baseada na produción agro-pastoril, cun 90% das exportacións constituídas por animais e derivados, pero moi limitada pola distancia de Mongolia ao mar, e polas precarias estradas sen infraestruturas.
A gran dependencia de axuda estranxeira levou ao país a unha preparación inadecuada para os rigorosos invernos, e houbo grandes perdas de animais, o que empobreceu a moitos. A axuda soviética, que chegaba a case 1/3 do PIB desapareceu case do día para a noite en 1990 e 1991, ano do fin da URSS.[1] A mudanza da economía planificada e dependente da URSS cara a unha economía de mercado foi traumática. Na década seguinte o país afrontou unha profunda recesión debido á inactividade económica e aos desastres naturais, e posteriormente un crecemento económico debido ás amplas reformas económicas, con adopción do libre mercado e privatizacións.[1] A pesar diso, case un terzo da poboación vive en extrema pobreza, e a economía continúa atrasada.
Medio ambiente
[editar | editar a fonte]Como resultado da rápida urbanización, e as políticas de crecemento industrial baixo o réxime socialista, a deterioración do medio ambiente converteuse nunha das principais preocupacións. A queima de carbón xunto coas miles de fábricas en Ulan Bator tiveron como resultado unha severa polución do aire. A deforestación, o exceso de pastos e os esforzos para incrementar a produción de cereais e pasto mediante o arado de máis terra virxe, incrementou os efectos da erosión do vento e a choiva.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).