Saltar ao contido

Tombouctou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tombuctu»)
Modelo:Xeografía políticaTombouctou
Tombouctou (fr)
تمبكتو (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
(1988)

Localización
Image Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°46′24″N 2°59′58″O / 16.7733331, -2.9994439
EstadoMalí
RexiónTombouctou (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación35.330 (2012) Editar o valor en Wikidata (238,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie14.789 ha Editar o valor en Wikidata
Altitude261 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade Image 
TipoPatrimonio cultural   África
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (v) Editar o valor en Wikidata
En perigo1990 - 2005  Editar o valor en Wikidata
Identificador119rev

BNE: XX461023

Tombouctou[1] (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore e Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertificación.

Debido á súa situación a uns 15 km ao norte do río Níxer, no cruzamento das rutas comerciais transaharianas dende o Sáhara ata Araouane, foi historicamente importante polo comercio de rochas de sal procedentes de Taoudenni. Tamén foi o punto de encontro entre os pobos no oeste africano, nómades bérberes, pobos árabes do norte e comerciantes xudeus. Este feito deulle á cidade un halo fabuloso, sendo recoñecida en moitos lugares coma unha terra afastada e exótica. Na actualidade, Tombouctou ten unha poboación pertencente ás etnias songhai, tuareg, fulbe e mandé.

A maior contribución de Tombouctou á civilización mundial e ao islam foi a súa produción cultural. Arredor do século XIV escribíronse e copiáronse moitos libros, e a cidade comezou a considerarse coma un lugar importante da tradición escrita en África. Por esta razón, a Unesco declarou a cidade e a rexión como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Tombouctou está irmandada coas seguintes cidades:[2]

  1. Entrada Tombouctou na Diciopedia do século 21
  2. "Timbuktu 'twins' make first visit". BBC News. 24 de outubro de 2007. Consultado o 24 de maio de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.