Saltar ao contido

Aaron Swartz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAaron Swartz
Image
(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Aaron Hillel George Swartz Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Highland Park Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Brooklyn Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaShalom Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
North Shore Country Day School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTecnoloxías da información Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDesenvolvedor de software, escritor e activista
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaQuinn Norton
Taren Stinebrickner-Kauffman Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Swartz Editar o valor en Wikidata  e Susan Swartz Editar o valor en Wikidata
IrmánsBenjamin Swartz Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteTactical Media Files (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webaaronsw.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2290901 Twitter: aaronsw Last fm: Aaron+Swartz Musicbrainz: 26467fed-1c0b-4039-926a-b5879da6ea90 Discogs: 6341816 Allmusic: mn0003659711 GitHub: aaronsw WikiTree: Swartz-1463 Find a Grave: 103452617 Editar o valor en Wikidata

Aaron Hillel Swartz, nado en Highland Park (Illinois)[1] o 8 de novembro de 1986, e finado en Brooklyn (Nova York) o 11 de xaneiro de 2013, foi un programador, emprendedor, escritor e activista estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estivo involucrado no desenvolvemento da fonte web formato RSS[2] e no formato de publicación Markdown,[3] na organización Creative Commons,[4] na páxina web web.py,[5] na fundación de Watchdog.net (2008) e na de Demand Progress (2010), e na páxina de novas Reddit, da cal era socio despois de que se fusionara coa súa compañía, Infogami.[6]

Despois de poñer arquivos de JSTOR a disposición pública, arquivos obtidos a partir da rede do MIT cun ordenador portátil, foi acusado de trece delitos diferentes, iniciándose un xuízo que desencadeou o seu suicidio, consecuencia da acusación que a súa familia describiu como "o produto dun sistema de xustiza penal cheo de intimidación e extralimitación fiscal".[6][7]

En resposta á súa morte, interpretada pola familia como un crime de estado, houbo actividade diversa, dende a liberación de traballos académicos coa etiqueta #PDFtribute en Twitter ó hackeo da páxina do MIT por Anonimous ou a creación da plataforma Aaron Swartz Memorial JSTOR Liberator[8] polo grupo activista Archive Team.[6][9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013, Swartz foi incluído de xeito póstumo no Internet Hall of Fame.[10][11]

Tamén de xeito póstumo, en xaneiro de 2014 estreouse en Sundance a película The Internet’s Own Boy: The Story of Aaron Swartz, dirixida por Brian Knappenberger, que rescata a súa historia e cuestiona o estado das liberdades civís nos EEUU.[6]

  1. Skaggs, Paula (16 de xaneiro de 2013). Patch, ed. "Aaron Swartz Remembered as Internet Activist who Changed the World". Consultado o 17 de febreiro de 2016.
  2. "RSS creator Aaron Swartz dead at 26". Harvard Magazine. 14 de xaneiro de 2013.
  3. Aaron Swartz: The Weblog, ed. (19 de marzo de 2004). "Markdown".
  4. Lessig, Lawrence (12 de xaneiro de 2013). "Remembering Aaron Swartz". Creative Commons. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2016. Aaron was one of the early architects of Creative Commons. As a teenager, he helped design the code layer to our licenses...
  5. Grehan, Rick (10 de agosto de 2011). "Pillars of Python: Web.py Web framework". InfoWorld. Web.py, the brainchild of Aaron Swartz, who developed it while working at Reddit.com, describes itself as a ‘minimalist’s framework.’ ... Test Center Scorecard: Capability 7; Ease of Development 9; Documentation 7; ...; Overall Score 7.6, Good.
  6. 1 2 3 4 Directa, P. (2026-02-12). "Aaron Swartz, quan compartir coneixement és delicte". directa.cat (en catalán). Consultado o 2026-02-18.
  7. Time, ed. (13 de xaneiro de 2013). "Aaron Swartz, Tech Prodigy and Internet Activist, Is Dead at 26". Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
  8. Farivar, Cyrus (2013-01-15). "Aaron Swartz Memorial JSTOR Liberator sets public domain academic articles free". Ars Technica (en inglés). Consultado o 2026-02-18.
  9. "Archive Team". archiveteam.org (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de2026.
  10. Press release from the Internet Hall of Fame.
  11. "Internet Hall of Fame Announces 2013 Inductees". Internet Hall of Fame. 26 de xuño de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]