Saltar ao contido

Código QR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Código QR
Representación esquemática
Imaxe
 Subclase de
 Medio usado
Características
 Uso
 Obra derivada
Implicados
 Usado por
quishing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Fundación / creación
1994 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/03ffw1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
Image
Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.

O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.

Image
Selo do servizo postal alemán cun código QR.

O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR ​​2005 simboloxía especificacións.

O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.

Estrutura dun código QR     1. Información da versión     2. Información do formato     3. Corrección de erros e datos4. Patróns requiridos
4.1. Posición
4.2. Aliñamento
4.3 Sincronización
     5. Zona morta
Capacidade de datos do código QR
Só numéricoMáximo 7.089 caracteres
AlfanuméricoMáximo 4.296 caracteres
BinarioMáximo 2.953 bytes
Kanji/KanaMáximo 1.817 caracteres
Capacidade de corrección de erros
Nivel L7% dos datos pódense restaurar
Nivel M15% dos datos pódense restaurar
Nivel Q25% dos datos pódense restaurar
Nivel H30% dos datos pódense restaurar

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]