Saltar ao contido

José Cabanas Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Cabanas Vázquez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte1951 Editar o valor en Wikidata
O Vilar Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Primeiro tenente de alcalde Concello de Boimorto
1931 – 1934 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

José Cabanas Vázquez, finado no Vilar (Andavao, Boimorto)[1] en 1951, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coa proclamación da Segunda República Española en Boimorto o 19 de abril de 1931,[2] saíu escollido como un dos concelleiros da corporación municipal trala repetición das eleccións o 31 de maio de 1931, tomando posesión o 5 de maio como primeiro tenente de alcalde do concello de Boimorto, sendo Pedro López Bodelo proclamado alcalde.[3] O 7 de outubro de 1934 o alcalde foi detido e encausado xunto con Antonio Vidal Novo por reunión clandestina celebrada no local do Sindicato Agrícola.[4] O alcalde, xunto con José Cabanas, José Tojo García e mais Ramón Vázquez Garea foron destituídos por orde gobernativa.[5] Non volven a aparecer en ningunha acta ata marzo de 1936, despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936.[6]

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
Véxase tamén: homiños de Boimorto.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos doce veciños do concello represaliados en agosto de 1936, nove deles integrantes da corporación municipal, detidos por partidas falanxistas,[7] presumiblemente sinalados polo párroco de Boimil e Andavao, Emilio López Freire, en desacordo coas políticas da República contrarias á Igrexa.[8][9][10][11] Foron enviados a Sobrado (Sobrado dos Monxes), onde quedaron recluídos no cárcere durante dous días sen comer nin beber e onde os torturaron.[12][9][10] Posiblemente leváronos a madrugada do 20 de agosto de 1936 a Santiago de Compostela,[9][13] onde non había sitio para máis presos, e dixéronlles que marchasen de volta ou que fixeran con eles o que estimasen oportuno.[13] Decidiron separalos en dous grupos, levándoos a lugares diferentes.[10][14]

José Cabanas foi conducido ó Amenal (O Pino), xunto con Isidro Filloy López, Andrés Mera Filloy, Ramón Vázquez Garea, Ramón Sánchez Rapela e Caitán García Vázquez,[15][14] onde foron paseados na Agra da vila, logrando salvarse José Cabanas ó caer debruzado cando efectuaron os disparos, quedando cuberto polo sangue dos compañeiros e dándoo por morto non lle deron o tiro de graza. Cunha bala na perna, que logrou extraer coa axuda dalgúns veciños da contorna,[16][17] regresou á súa casa.[16][9][18] Permaneceu agochado durante quince anos no seu fogar,[16][9][19] con varios intentos de suicidio,[16] ata que o conseguiu en 1951.[20]

  1. Rivas Cruz 2007, p. 55.
  2. Rivas Cruz 2007, p. 33.
  3. Rivas Cruz 2007, p. 36.
  4. Rivas Cruz 2007, p. 41.
  5. El Compostelano, 30-10-1934, p. 2.
  6. Rivas Cruz 2007, p. 44.
  7. Rivas Cruz 2007, p. 54-55.
  8. Rivas Cruz 2007, p. 54.
  9. 1 2 3 4 5 Torreiro 2018, p. 136.
  10. 1 2 3 Iglesias Amorín & Regueiro Méndez 2018, p. 122.
  11. Pontevedra, Silvia R. (30-08-2007). "La venganza de don Emilio". El País (en castelán). Consultado o 25-12-2025.
  12. Rivas Cruz 2007, p. 58.
  13. 1 2 Rivas Cruz 2007, p. 59.
  14. 1 2 "A ARMH prepara a investigación de foxos na comarca compostelá". Vieiros. 27-08-2007. Consultado o 26-12-2025.
  15. "Ortoño protagonizará nuevas exhumaciones de los fusilados de Boimorto en la Guerra Civil". La Voz de Galicia (en castelán). 13-01-2009. Consultado o 26-12-2025.
  16. 1 2 3 4 Iglesias Amorín & Regueiro Méndez 2018, p. 131.
  17. Rivas Cruz 2007, p. 60.
  18. "Boimorto e Ames reivindican manter viva a memoria dos edís asasinados no verán de 1936". Praza.gal. 29-08-2024. Consultado o 25-12-2025.
  19. "Boimorto e Ames reivindican manter viva a memoria dos edís asasinados no verán de 1936". Praza.gal. 29-08-2024. Consultado o 25-12-2025.
  20. Iglesias Amorín & Regueiro Méndez 2018, p. 162.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]