Sebastiana Vitales
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de marzo de 1902 Ansó |
| Morte | 19 de novembro de 2000 Venezuela |
| Actividade | |
| Ocupación | activista política |
| Familia | |
| Cónxuxe | Francisco Ballón Pequeño |
Sebastiana Vitales Gascón, nada en Ansó (Huesca) o 21 de marzo de 1902 e finada en Venezuela o 19 de novembro de 2000, foi unha militante libertaria española.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En novembro de 1920 emigrou aos Estados Unidos con 18 anos.[1] Instalouse en San Francisco e alí coñeceu ao seu compañeiro Francisco Ballón Pequeño.[1] Retornaron a Coruña durante a República.[1] Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI, fundou Mujeres Libres na Coruña e colaborou en Solidaridad Obrera.[4] Participou como oradora en varios mitins obreiros e a finais de 1935 na xira propagandística galega de Federica Montseny.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida acusada de acoller na súa casa a Juan Díaz Lobelos e Justo Galán Barbero.[1] Estivo unha tempada encarcerada no cárcere da Coruña. Posteriormente estivo agochada, sobrevivindo facendo estraperlo de pan branco de Sada a Coruña e despois vendendo froita nas minas de volframio da Agualada en Coristanco. En 1954 emigrou a Venezuela coas súas dúas fillas.[5] En Venezuela mantivo contactos co profesor Ángel Rama, co círculo anarquista de Tomás Germinal Gracia Ibars (Víctor García) e co grupo editor da revista anarquista Ruta.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 cntvigo (2020-04-25). "VITALES GASTON, SEBASTIANA (21/03/1902 – 19/11/2000)". CNT-VIGO. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ "Vitales Gascon, Sebastiana – Con Nombre & Apellidos" (en castelán). Consultado o 2024-11-24.
- ↑ "La historia es cruel con hombres como el fisterrán Francisco Ballón". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-16. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ northeme.com. "Itinerario das Casas-refuxio de mulleres libertarias – Refuxios da Memoria". Consultado o 2024-11-24.
- ↑ La historia es cruel con hombres como el fisterrán Francisco Ballón