Saltar ao contido

Fobos 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fobos 1
Image
Representación artística da Fobos 1
TipoCientífico
Data de lanzamento7 de xullo de 1988[1][2][3]
Foguete portadorProton K/D-2[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Fobos e Marte.[2][3][4][5]
NSSDC ID1988-058A

Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética lanzada cara Marte o 7 de xullo de 1988 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Fobos 1 foi unha sonda espacial soviética que, xunto coa súa case xemelga Fobos 2, foi enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Sucesoras das sondas Vega 1 e Vega 2 destinadas a estudar Venus, os obxectivos das sondas Fobos era estudar a contorna interplanetaria, o Sol, o plasma nas proximidades de Marte, estudar a superficie e atmosfera do planeta e estudar a composición superficial de Fobos. Ambas sondas contaron con colaboración internacional, con 14 países contribuíndo con experimentos ou infraestrutura.[1][2][4][5]

A sonda estaba composta por unha sección principal presurizada con forma de toro que contiña a electrónica da nave, rodeando un módulo cilíndrico coa instrumentación científica e, por debaixo do conxunto, catro tanques esféricos de hidracina para a propulsión e o control de actitude, formado por 28 propulsores: 24 cun impulso de 50 N e catro de 10 N. Ademais cada sonda levaba unha subsonda que debería ser soltada na superficie de Fobos para estudala, e Fobos 2 levaba un pequeno aterrizador que sería capaz de saltar entre varios puntos da lúa.[1][2][4][5]

A sonda funcionou con normalidade ata que fallou en comunicarse coa Terra o 2 de setembro de 1989. O contacto non se recuperou xamais. Unha investigación revelou que o problema estivo nos comandos de software enviados desde o control de terra á nave entre o 29 e o 30 de agosto, que contiñan erros que desactivaron os propulsores, impedindo á nave orientarse para comunicarse ou xerar enerxía cos seus paneis solares.[1][2][4][5]

  1. 1 2 3 4 5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "PHOBOS 1" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (28 de outubro de 2022). "Phobos 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 16 de abril de 2023.
  3. 1 2 3 "Note verbale dated 19 October 1988 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-26476 (E)). 25 de outubro de 1988: 2. Consultado o 16 de abril de 2023.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Fobos 1, 2" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2023). "Fobos 1F" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]