Saltar ao contido

Californication (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Californication é o sétim

Californication
Red Hot Chili Peppers Editar o valor en Wikidata
 Título
   Image Californication (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lista de cancións
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Influído por
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
7 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
   3.377 s Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05cmb8 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Last fm: Red+Hot+Chili+Peppers/Californication Discogs: 42546 Allmusic: mw0000239791 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

o álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers. Foi editado o 8 de xuño de 1999 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O disco foi producido por Rick Rubin e xunto con Blood Sugar Sex Magik, Californication é un dos traballos do grupo con máis vendas.

Californication marcou o regreso do guitarrista John Frusciante, que xa aparecera anteriormente en Mother's Milk e Blood Sugar Sex Magik, e cambiou o estilo da banda. As letras incorporaba as insinuacións sexuais xa asociadas á banda, pero engadían temas como a morte, o suicidio, California, as drogas, a globalización e as viaxes.

Californication é o álbum de estudio de maior éxito comercial dos Red Hot Chili Peppers a nivel internacional, con máis de 15 millóns de copias vendidas en todo o mundo, vendendo máis de sete millón tan só nos Estados Unidos.[2] En 2002 o álbum vendera máis de catro millóns de copias en Europa.[3] O disco xerou varios éxitos para a banda, incluíndo "Otherside", "Californication" e o premio Grammy "Scar Tissue". Californication alcanzou o número tres do Billboard 200 dos Estados Unidos.[4]

O disco supuxo un cambio significativo de estilo para a banda. Greg Tate de Rolling Stone sinalou que "aínda que todos os proxectos anteriores dos Chili Peppers eran moi animados, Californication atrévese a ser espiritual e epifánico".[5] Outro crítico, Paul Verna de Billboard, mencionou que o álbum sacou "o lado máis suave e melódico do grupo", a diferenza dos seus seis álbums anteriores.[6]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Red Hot Chili Peppers (Flea, John Frusciante, Anthony Kiedis, Chad Smith). 

N.º Título Duración
1. "Around the World"   3:58
2. "Parallel Universe"   4:30
3. "Scar Tissue"   3:37
4. "Otherside"   4:15
5. "Get on Top"   3:18
6. "Californication"   5:21
7. "Easily"   3:51
8. "Porcelain"   2:43
9. "Emit Remmus"   4:00
10. "I Like Dirt"   2:37
11. "This Velvet Glove"   3:45
12. "Savior"   4:52
13. "Purple Stain"   4:13
14. "Right on Time"   1:52
15. "Road Trippin'"   3:25
56:24
Canción extra no CD xaponés
N.º Título Duración
16. "Gong Li"   3:44
  1. ↑ Kelley, Ken (2014-06-08). "How the Chili Peppers Turned It Around With 'Californication'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
  2. ↑ "Chili Peppers get first US number one album". Music Week. Consultado o 2024-08-17.
  3. ↑ "IFPI Platinum Europe Awards - 2002". web.archive.org. 2007-03-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2007. Consultado o 2024-08-17.
  4. ↑ "Red Hot Chili Peppers - Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
  5. ↑ Tate, Greg (1999-06-24). "Californication". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-08-17.
  6. ↑ Verna, Paul (19 de xuño de 1999). "Reviews & Previews". Billboard. p. 17