Saltar ao contido

Illa Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Baker
 Nome orixinal
   Image Baker Island (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Territorio reivindicado por
Datas
 Fundación / creación
1935 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Situado na entidade estatística
 Localización
 Localización descubrimento
 Bañado por
 Localizado na área protexida
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4 (1941)
0 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2,1 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   5 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   8 m valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap9510156 Editar o valor en Wikidata
VIAF315136701 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0161w Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

A illa Baker é unha illa coralina estadounidense no océano Pacífico, no grupo de Illas Fénix. É responsabilidade dos Estados Unidos e, aínda que despoboada, os Gardacostas dos Estados Unidos (United States Coast Guard) visitan a illa anualmente.

Os Estados Unidos tomaron posesión da illa no ano 1857, reclamado sobre a Acta de Illas Guaneras de 1856. Os depósitos de guano foron minados por compañías dos Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX. Unha curta tentativa de colonizar a illa (e tamén Illa Howland) comezou no ano 1935, pero foi interrompido pola segunda guerra mundial e abandonouse.

Actualmente, a illa é unha Reserva Nacional de Vida Silvestre (National Wildlife Refuge) xestionado polo Departamento do Interior dos Estados Unidos (U.S. Department of the Interior). .

Véxase Historia das Illas Pacíficas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol, a medio camiño entre Hawai e Australia, ten unha superficie de 1.4 km² e unha altura máxima de 8 metros sobre o nivel do mar. O seu clima é ecuatorial, con escasas precipitacións, vento constante e sol ardente. A illa está rodeada por un arrecife de coral estreito, o cal é un perigo para os barcos que navegan preto da costa. A súa vexetación é escasa e dispersa, formada por herba, vide de prostrado, e arbustos baixos. A illa carece de árbores e dunha fonte natural de auga potable.

Image Image

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación civil dos Estados Unidos evacuou a illa no ano 1942 logo de sufrir ataques aéreos e navais dos xaponeses na segunda guerra mundial, posto que o atol estaba ocupado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, os cales abandonaron a illa logo da guerra.

O acceso ao público só é posible cun permiso especial do Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos, o cal xeralmente só concedese a científicos e educadores. Á metade da costa oeste do atol están situados un cemiterio e os restos de edificacións do extinto asentamento. É visitado anualmente polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos (desde xullo de 2000).

Actualmente, o atol atópase despoboado.

É territorio dos Estados Unidos non incorporado; administrado en Washington, D.C., polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos dos Estados Unidos do Departamento do Interior como de parte do sistema da Reserva Nacional de Vida Silvestre.

Transportes

[editar | editar a fonte]
  • Portos e accesos: ningún; só se pode ancorar no litoral, aínda que hai un desembarcadoiro polo medio da costa occidental.
  • Aeroportos: hai unha pista de aterraxe abandonada da segunda guerra mundial cunha lonxitude de 1.665 m, que se atopa completamente cuberta de vexetación e é, polo tanto, inservible.

Hai un faro cerca do medio da costa occidental.

0°13′N 176°31′O / 0.217, -176.517