Javier Casqueiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1962 Ferrol |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Empregador | El País Cuatro CNN+ La Voz de Galicia |
| Sitio web | estrecho14.wordpress.com |
Javier Casqueiro, nado en Ferrol[1] en 1962, é un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa de neno mudouse a Madrid coa familia e cursou estudos en colexios e institutos desa cidade. Licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid[2]. A mediados da década dos oitenta comezou a traballar en La Voz de Galicia, e en 1990 trasladouse a Madrid para traballar no xornal El País, onde primeiro se ocupou da información de carácter local e despois da información política. En 2002 marchou de correspondente dese mesmo xornal a Washington. En 2005 abandonou ese medio e regreou a España para dirixir a sección de Nacional (información de política española) na cadea de televisión Cuatro. En 2010 regresou de novo a El País para facerse cargo como redactor xefe da sección Nacional e Política. A partir de 2015 trasladouse a Rabat, onde exerceu como correspondente para o seu xornal para os países do Magreb[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Javier Casqueiro". Facebook (en castelán). Consultado o 2018-02-06.
- ↑ "Javier Casqueiro". El País (en castelán). 2011-10-13. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-06.